on 30 Abril 2026

CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 6 de marzo de 2026 (código de procedemento PL500C).

Celga 4, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:

23 de maio de 2026, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z e A. 24 de maio de 2026, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: B, C, D, E, F, G, H, I, J, K e L.

– Celga 3, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid: 30 de maio de 2026, para todas as persoas admitidas.

Celga 2, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid: 31 de maio de 2026, para todas as persoas admitidas.

Celga 1, en Santiago de Compostela: 6 de xuño de 2026, para todas as persoas admitidas.

Os centros de realización das probas serán: – En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas Fraguas (rúa de Londres, 10)- para o Celga 4, Celga 3 e Celga 2-e a Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2)-para o Celga 1-. – En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (vía Río Burbia, s/n). – En Madrid: a Casa de Galicia en Madrid (rúa de Casado del Alisal, 8).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260430/AnuncioG0766-230426-0001_gl.pdf

on 28 Abril 2026

Curso de MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE (MATL) – A Estrada

📖 Duración (TOTAL: 350 HORAS)
200 h teórico-prácticas presenciais
150 h de prácticas ou 14 días de actividade intensiva en campamentos con pernocta

📅 Datas (fase teórico-práctica)
Entre o 8 de maio e o 29 de agosto de 2026

🕘 Horario
Venres de 15:00 a 20:00
Sábados de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30

📍 Lugar de realización
ETL COESCO
R/ San Paio 21, baixo
36680 A Estrada

📅 Fase práctica: prazo ata agosto de 2028 para completar as prácticas e entregar a memoria para a súa valoración.

✅ Requisitos
Ser maior de idade no momento de incorporación ao curso
Ter o título da ESO ou equivalente

💶 Prezo
Consultar coa entidade

ℹ️ Información e inscricións
Tel. 667 703 711 / 986 572 025

FORMULARIO: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeqM4pfO58YOZ8JzL-oCK8E46bs3x19t9Y8rqjPCSE3itEXFQ/viewform

on 21 Abril 2026
A ESTRADA IMPULSA O TEU FUTURO DIXITAL: FORMACIÓN GRATUÍTA EN IA E CIBERSEGURIDADE
 
O Concello da Estrada, en colaboración coa asociación Amicos, lanza o novo Programa de Capacitación Dixital. Unha iniciativa deseñada para que tanto o noso tecido empresarial como as familias da zona dominen as ferramentas tecnolóxicas que están a transformar o mundo.
 
A formación terá lugar no Viveiro de Empresas da Estrada e é 100% gratuíta.
 
Coñece os tres itinerarios dispoñibles e escolle o que mellor se adapte ás túas necesidades:
 
1. O Futuro no teu Escritorio: Produtividade con IA e Ciberseguridade na Empresa
Optimiza o teu traballo e o da túa empresa. Este itinerario está enfocado a profesionais e empresas que queiran dar un salto de calidade na súa produtividade.
Que aprenderás: Como usar a IA para ampliar contidos e minimizar o esforzo en tarefas diarias.
Datas: Do 4 ao 6 de maio.
Horario: 15:00 a 19:00 h.
 
2. Hackea a túa Procura de Emprego: Usa a IA para que as empresas se fixen en ti
Seguridade e comunicación total. Unha formación integral para garantir que o teu perfil profesional ou o teu negocio estean protexidos e conectados.
Que aprenderás: Maximizar a comunicación e garantir un dominio dixital seguro en todas as áreas da empresa.
Datas: Do 11 ao 15 de maio.
Horario: 09:00 a 14:00 h.
 
3. Fogares Seguros: Guía para acompañar aos teus fillos no mundo dixital
Protexe o que máis queres. Un espazo pensado para familias con menores e calquera persoa interesada en convivir de forma saudable coa tecnoloxía.
Que aprenderás: Ciberseguridade práctica para a vida diaria e claves para garantir o benestar dixital dos nenos e nenas.
Datas: Xoves 7 e venres 8 de maio.
Horario: 15:00 a 19:00 h.
📝 Inscricións e Contacto
 
As prazas son limitadas para garantir a calidade da formación presencial. Non perdas a oportunidade de actualizar as túas competencias de balde!
📧 Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
📞 Teléfono: 981 865 716
📍 Lugar: Viveiro de empresas, A Estrada.
Agardámosvos para construír xuntos unha Estrada máis dixital e segura!
Unha iniciativa do Concello da Estrada e Amicos.org
on 09 Marzo 2026

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 24 de febreiro de 2026 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2026 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Finalidade e persoas destinatarias

1. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

2. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade de continuaren formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260306/AnuncioG0761-250226-0001_gl.pdf

on 06 Marzo 2026

AGADEA ALZHEIMER vai iniciar no mes de ABRIL de 2026 dentro do plan AFD 2026_2027 financiado pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes os CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE no ámbito sociosanitario.

As persoas interesadas poden anotarse no seguinte formulario https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe-5mh1bikwNIpHvsmKClvkFHWeu8lqKFpm4k5z7cwg_VELsw/viewform

ou a través da DIPLOS:

 

XESTIÓN DE CHAMADAS DE TELEASISTENCIA (388 horas presenciais de 09:30_14:30)

ABRIL XULLO 2026. AGADEA LAB. Santiago de Compostela (Rúa Rosalía de Castro 138)

https://www.google.com/url?q=https://diplos.xunta.gal/diplos/curso?accion%3D2026/002120-01&source=gmail&ust=1772870240046000&usg=AOvVaw2ysaZnDJ7QeR0-xK900T0E">https://diplos.xunta.gal/diplos/curso?accion=2026/002120-01

 

ATENCION SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS (528 horas presenciais de 15:30_20:30)

ABRIL_ SETEMBRO 2026. AGADEA LAB. Santiago de Compostela (Rúa Rosalía de Castro 138)

https://www.google.com/url?q=https://diplos.xunta.gal/diplos/curso?accion%3D2026/002121-01&source=gmail&ust=1772870240046000&usg=AOvVaw2cE7511cXhkExyIucWJFKz">https://diplos.xunta.gal/diplos/curso?accion=2026/002121-01