CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL
ORDE do 24 de febreiro de 2026 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2026 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
Finalidade e persoas destinatarias
1. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.
2. As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade de continuaren formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260306/AnuncioG0761-250226-0001_gl.pdf
AGADEA ALZHEIMER vai iniciar no mes de ABRIL de 2026 dentro do plan AFD 2026_2027 financiado pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes os CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE no ámbito sociosanitario.
As persoas interesadas poden anotarse no seguinte formulario https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe-5mh1bikwNIpHvsmKClvkFHWeu8lqKFpm4k5z7cwg_VELsw/viewform
ou a través da DIPLOS:
XESTIÓN DE CHAMADAS DE TELEASISTENCIA (388 horas presenciais de 09:30_14:30)
ABRIL XULLO 2026. AGADEA LAB. Santiago de Compostela (Rúa Rosalía de Castro 138)
https://www.google.com/url?q=https://diplos.xunta.gal/diplos/curso?accion%3D2026/002120-01&source=gmail&ust=1772870240046000&usg=AOvVaw2ysaZnDJ7QeR0-xK900T0E">https://diplos.xunta.gal/diplos/curso?accion=2026/002120-01
ATENCION SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS (528 horas presenciais de 15:30_20:30)
ABRIL_ SETEMBRO 2026. AGADEA LAB. Santiago de Compostela (Rúa Rosalía de Castro 138)
https://www.google.com/url?q=https://diplos.xunta.gal/diplos/curso?accion%3D2026/002121-01&source=gmail&ust=1772870240046000&usg=AOvVaw2cE7511cXhkExyIucWJFKz">https://diplos.xunta.gal/diplos/curso?accion=2026/002121-01
Desde CENAFORM informan da nova oferta de Certificados de Profesionalidade que iniciarán en MARZO na sede de Santiago de Compostela.
Están dirixidas prioritariamente a persoas inscritas como demandantes de emprego e contan con diferentes niveis de acceso:
- Auxiliar Administrativo/a (nivel 1 - Non se requiren estudos previos). Modalidade presencial en Santiago de Compostela.
- Habilitación para a docencia nos graos A, B e C do sistema de formación profesional (nivel 3 - Requírese título de bacharelato ou equivalente). Modalidade de teleformación con titorías e exames presenciais en Santiago de Compostela.
- Xestión Contable e Xestión Administrativa para Auditoría (nivel 3 - Requírese título de bacharelato ou equivalente). Modalidade de teleformación con exames presenciais en Santiago de Compostela.
Todos os cursos son gratuítos e as persoas participantes poderán acceder a bolsas e axudas por transporte, discapacidade, conciliación (fillos menores de 12 anos ou persoas dependentes ao seu cargo), violencia de xénero e familia numerosa ou monoparental no caso de atoparse nalgunha destas situacións.
Para máis información ou inscricións, poden contactar a través do enderezo electrónico
ou chamando ao teléfono 604 551 371
Desde o Plan de emprego de Cruz Vermella Pontevedra,van levar a cabo un novo Curso de "Profesional de Produtos Frescos" (90 horas)
Poderás desempeñar funcións crave como dependente/a, nas diferentes seccións dun supermercado; carnicería, charcutería, peixaría, frutería e/o panadería.
📅 Do 3 de marzo ao 27 de marzo
🕘 Horario: 9:00 a 14:00 h. De luns a venres
📍 Nun centro de formación en Pontevedra
📢 Con posibilidade de prácticas en empresas.
Persoas interesadas contactar:
No teléfono 986 852 115 Ext. 61261
No enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Dende o IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ facitanche a obtención do título da ESO.
Podes conseguilo matriculándote na EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS (ESPA), se NON TES ESTUDOS ou os que fixeches NON ESTÁN CONVALIDADOS.
O título da ESO ábreche portas en empresas, formación profesional, oposicións.
Grupos reducidos, ambietne adaptado a persoas adultas e apoio do profesorado.
INFORMACIÓN PÚBLICA, GRATUÍTA E DE CALIDADE
Persoas interesadas contactar no teléfono: 886 151 924 ou no enderezo electrónico: iesantonlosada.gal