CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL
RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2025/26.
Convocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2025/26, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos I e II, respectivamente.
O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:
– Desde o 30 de xuño ata o 11 de xullo de 2025, para os cursos do primeiro cuadrimestre;
– Desde o 10 ata o 21 de novembro de 2025, para os cursos do segundo cuadrimestre.
Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que sexan presentadas fóra de prazo.
Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25.
Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral da Lingua para certificar a súa competencia en lingua galega.
As datas de inicio e remate dos cursos que figuran no anexo II son orientativas. As datas concretas de inicio faranse públicas nos taboleiros de anuncios e na páxina web da escola oficial de idiomas en que terá lugar o curso.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250625/AnuncioG0761-160625-0001_gl.pdf
Formación en PRL (PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS) para o sector da Construcción de 60 horas, homologado e SEMI-PRESENCIAL
Persoas interesadas enviar datos de contacto ao enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando no asunto: CURSO PRL
GRATUITO
Perfil dos alumnos/as: Persoas desempregadas rexistradas demandante non Servizo Público de emprego de Galicia.
Requisitos mínimos de acceso:
Establecer para certificar de profesionalidade de nivel 2, entre outros:
-Graduado en ESO ou equivalente.
-Proba de acceso a ciclos de grao medio ou Universidade.
DATA INICIO: 23/06/2025
DATA FIN: 12/12/2025
HORARIO: 15:00-20:00
HORAS: 600
ENDEREZO: Vía Edison, 1C. Polg do Tambre -
Santiago de Compostela
TOTALMENTE GRATUITO
INSCRIPCIÓNS:
Correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfono: 650 017 205
Presentación de solicitudes ata 20/06/2025
Xoves, 19 de xuño de 11.00 a 13.00 horas
Lugar: Viveiro de empresas
Inscríbete: https://polosemprendemento.gal/calendar/traballando-a-comunicacion-aprendendo-a-vender-o-teu-proxecto
As Escolas Oficiais de Idiomas abriron este luns 9 de xuño a matrícula , segundo se recolle na resolución pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nestes centros no curso 2025/26.
No caso do alumnado matriculado no actual curso 2024-25, que resulte apto na convocatoria ordinaria de probas e que desexe continuar estudos no curso 2025-26 no mesmo idioma e escola, deberá formalizar a matrícula entre o 9 e o 23 de xuño.
A convocatoria extraordinaria de matrícula (para o alumnado apto, non apto ou non presentado na convocatoria extraordinaria de probas) irá do 27 de xuño ao 7 de xullo.
O alumnado de novo ingreso deberá realizar unha preinscrición en liña entre o 16 de xuño e o 7 de xullo.
Cada persoa poderá presentar unha única solicitude con tres preferencias priorizadas de grupos nun máximo de dous idiomas.
A adxudicación de prazas realizarase a través de sorteo nun acto público o día 9 de xullo ás 9,00 horas na Escola Oficial de Idiomas de Vigo.
O alumnado de nova incorporación que obteña praza no dito sorteo de preinscrición deberá matricularse entre o 10 e o 21 de xullo.
En calquera dos casos, a matrícula tense que formalizar obrigatoriamente en liña. Unha vez que remate o proceso de matrícula e ata o día 19 de setembro, no caso de quedaren prazas vacantes, cada escola poderá cubrilas coas listaxes de espera, en caso de habelas, ou atendendo as peticións de alumnado de novo acceso que non realizase o proceso de preinscrición. As escolas non poderán facer pública ningunha oferta de prazas vacantes mentres existan listas de agarda.
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP conta con 11 escolas oficiais de idiomas. Nelas ofértanse 11 idiomas diferentes: alemán, árabe, chinés, francés, inglés, italiano, portugués, ruso, xaponés, español para estranxeiros e galego.
Para acceder á súa formación é necesario ter 16 anos cumpridos no ano natural en que se comecen os estudos, aínda que aquelas persoas que teñan cumpridos os 14 anos poderán seguir as ensinanzas dun idioma distinto do cursado na Educación Secundaria Obrigatoria como primeira lingua estranxeira.
Máis información:https://www.edu.xunta.gal/centros/eoidesantiago/
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL
RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2025/26.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250606/AnuncioG0761-280525-0002_gl.pdf