XUNTA DE GALICIA CONVOCA A PROBA EN LIÑA PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA 4)

25. 10. 16

CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convoca a proba en liña para a obtención do Certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2025 (código de procedemento PL500G).

A proba terá lugar no cuarto trimestre de 2025, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. A data concreta será debidamente publicada no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal). En todo caso, non coincidirá coas datas das probas Celga presenciais convocadas mediante a Resolución do 1 de setembro de 2025 (DOG núm. 176, do 12 de setembro).

O prazo de presentación das solicitudes, tanto a través da sede electrónica como da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Lingua, será de dez días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251016/AnuncioG0766-091025-0001_gl.pdf