on 03 Xullo 2024

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Os cursos de linguaxe administrativa galega ofertados nas distintas escolas oficiais de idiomas de Galicia figuran no anexo I desta resolución. Os cursos do primeiro cuadrimestre impartiranse entre setembro e decembro; os do segundo cuadrimestre, entre febreiro e abril. 

A oferta dos cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, figura no anexo II. Os cursos do primeiro cuadrimestre impartiranse entre setembro e decembro; os do segundo cuadrimestre, entre febreiro e maio. 

A oferta de cursos recollida nos anexos I e II desta resolución poderá ser modificada en función da organización académica de cada escola, caso en que as escolas oficiais de idiomas farán pública a nova oferta con anterioridade suficiente ao inicio dos cursos.

O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:

– Desde o día 1 ata o 12 de xullo de 2024, para os cursos do primeiro cuadrimestre;

– Desde o 11 ata o 22 de novembro de 2024, para os cursos do segundo cuadrimestre.

Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que sexan presentadas fóra de prazo.

Persoas destinatarias dos cursos

1. Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral da Lingua para certificar a súa competencia en lingua galega.

2. As persoas solicitantes destes cursos poderán facer unha única solicitude de inscrición por cuadrimestre con tres preferencias priorizadas de grupos. En caso de adxudicación de praza en máis dun curso, a/o alumna/o deberá optar por un só curso nunha soa escola.

3. Para conseguir o axeitado rendemento e o aproveitamento do curso hai que procurar a homoxeneidade dos coñecementos do alumnado. Polo tanto, á hora de formular a solicitude dun curso dun determinado nivel Celga, deberase ter en conta a definición de contidos previstos no anexo III da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 146, do 30 de xullo (corrección de erros no DOG núm. 178, do 13 de setembro).

Datas de realización dos cursos

1. Os cursos do primeiro cuadrimestre comezarán o día 30 de setembro de 2024 e rematarán o 1 de decembro de 2024.

2. Os cursos do segundo cuadrimestre comezarán o día 17 de febreiro e rematarán o 27 de abril de 2025.

3. De xeito excepcional, a Dirección Xeral de Formación Profesional poderá modificar as datas de inicio e remate dos cursos establecidas nos números 1 e 2 deste punto, así como as datas de realización das probas finais dos cursos de linguaxe administrativa galega e da publicación das cualificacións, recollidas no número 4 do punto décimo terceiro. Nese caso, o alumnado será informado coa suficiente antelación a través da aula virtual.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240626/AnuncioG0761-200624-0001_gl.pdf

on 24 Xuño 2024

Hoxe, 24 de xuño de 2024 ÁBRESE O PRAZO PARA MATRICULARSE NOS CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O CURSO 2024-25, o cal se extenderá ata o 4 xullo ás 13:00 horas.

As ensinanzas de formación profesional están organizadas en ciclos formativos básicos, medios, superiores e cursos de especialización.

Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.

Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo ou curso de especialización (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.

Cada tipo de oferta, modalidade e grao ten un proceso de admisión diferenciado.

INSTRUCCIÓNS PARA O PROCESO DE ADMISIÓN: https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-24-25-instrucions-xerais

OFERTA ORDINARIA

REQUISITOS DE ACCESO:

GRAO MEDIO

- Título de ESO

- Título de FP Básica

- Titulación equivalentes ou superiores

- Porba de acceso a grao medio

GRAO SUPERIOR 

- Título de técnico

- Título de bacharelato

- Titulación equivalentes ou superiores

- Porba de acceso a grao superior

ACCESO DIRECTO A SOLICITUDE DE CICLO FORMATIVO: https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/PaxinaInicio.do

CALENDARIO:

Presentación de solicitudes 24 xuño ás 9:00 ao 4 xullo ás 13:00 horas

Resolución provisional de solicitudes:  10 xullo

Reclamación á listaxe provisional: 10 xullo ás 9:00 ao 12 xullo ás 13:00 horas

Resolución definitiva de solicitudes: 17 xullo

1ª adxudicación 17 xullo

Matriculación 1ª adxudicación 17 xullo ás 9:00 ao 22 xullo ás 13:00 horas

2ª adxudicación 24 xullo Matriculación

2ª adxudicación 24 xullo ás 9:00 ao 31 xullo ás 13:00 horas

3ª adxudicación 2 setembro Matriculación

3ª adxudicación 2 setembro ás 9:00 ao 5 setembro ás 13:00 horas

Adxudicación continuada (chamamento) 11 setembro ás 9:00 horas ao 27 setembro ás 13:00 horas

Información completa referente a prazos: chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10716

Toda a INFORMACIÓN: https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-24-25

 

on 20 Xuño 2024
 
Contido do Curso Ferramentas e Temas:
Canva Design
Google Forms
Google Calendar
Xestión de correo electrónico
Traballo en documentos compartidos na nube
Creación e configuración de videoconferencias
Ferramentas de planificación e xestión de proxectos: Trello, Notion Redes Sociais: xeración de post, stories, e máis Extra: Menti, Snappr, Wooclap, Slack
 
Hoxe en día, manexar estas ferramentas con soltura é crucial para mellorar a nosa empregabilidade, xa sexa para buscar emprego por conta allea ou para iniciar un emprendemento.
 
Prazas:
Modalidade presencial: 15 prazas en Lalín.
Modalidade en liña: Prazas ilimitadas.
 
Datas:
Módulo 1: 3, 4 e 5 de xullo
Módulo 2: 8 e 9 de xullo
Módulo 3: 15, 16 e 17 de xullo I
 
Para poder participar, debes inscribirte a través da seguinte ligazón: https://forms.office.com/e/zG4gzU9wZx
 
on 20 Xuño 2024

Perfil dos alumnos/as: Persoas desempregadas inscritas demandante no Servizo Público de emprego de Galicia.

Requisitos mínimos de acceso: Non esixe requisitos académicos nin profesionais

Presentación de solicitudes ata 18/07/2024

DATA INICIO: 19/07/2024

DATA FIN: 20/09/2024

HORARIO: 9:00-14:00

HORAS: 210

ENDEREZO: Vía Edison, 1C. Polg do Tambre -Santiago de Compostela

INSCRIPCIÓNS: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. TELÉFONO: 650 677 437

TOTALMENTE GRATUITO 

on 20 Xuño 2024

Requisitos:

Dirixido a persoas desempregadas, con discapacidade ou en risco de exclusión social

Modalidade:

En liña

Datas:

10, 11 e 12 de xullo

Horario:

Teleformación

Persoas interesadas concactar a través de:

correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Ou no teléfono: 682 516 278 ou 981 865 716

on 17 Xuño 2024

FORMACIÓN TOTALMENTE GRATUÍTA

Esta certificación é unha excelente oportunidade para adquirir coñecementos en prevención de riscos laborais no sector da construción, mellorando así as túas oportunidades laborais.
 
Detalles do Curso
 
Modalidade: Clases presenciais de 5 horas (de 09:00 a 14:00 horas) nas seguintes datas:
02 de xullo: Inicio e presentación do profesorado. Explicación do funcionamento da plataforma.
09 de xullo: Seguimento.
16 de xullo: Seguimento.
23 de xullo: Fin do curso e peche.
 
Resto das horas (40 horas) serán en liña en modalidade asíncrona, permitindo que cada persoa poida completar o contido cando mellor convéñalle, con titorías e seguimento personalizado dos participantes.
 
Prazo de inscrición: 25 de xuño
 
Podes facelo chamando ao teléfono: 648 166 848 (preguntar por Ana)