AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA CONVOCA PROBAS DE AVALIACIÓN DE CARÁCTER LIBRE PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE COMPETENCIAS DIXITAIS (NIVEL INTERMEDIO)

25. 10. 16

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2025 pola que se anuncia a convocatoria das probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix), no seu nivel intermedio.

As probas desenvolveranse os días 26, 27 e 28 de novembro e 3, 4 e 5 de decembro de 2025.

As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da rede CeMIT https://cemit.xunta.gal antes da finalización do prazo de inscrición.

Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

O prazo para a inscrición será de catorce (14) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251013/AnuncioG0177-290925-0001_gl.pdf