on 26 Abril 2021

 A Xunta organiza un obradoiro dixital para mellorar as oportunidades laborais dos maiores de 45 anos e parados de longa duración
Emprego e Igualdade convoca un curso de formación en competencias brandas: aptitudes en organización, traballo en equipo, comunicación, creatividade, xestión emocional ou capacidade resolutiva, entre outras


Un estudo recente de Linkedin destaca que o 92% das persoas directivas de empresas consideran que as ‘soft skills’ son iguais ou máis importantes que as técnicas

O prazo de inscrición rematará o 10 de maio e a acción formativa terá lugar do 11 de maio ao 11 de xullo

A Xunta desenvolverá entre o 11 de maio e o 11 de xullo un obradoiro dixital de formación en competencias brandas, é dicir, o curso avaliará as habilidades dos participantes en organización, traballo en equipo, análise, conexión, comunicación, actualización, creatividade, xestión emocional e capacidade resolutiva.

A iniciativa está dirixida a persoas desempregadas maiores de 45 anos e parados de longa duración co obxectivo de mellorar as súas oportunidades laborais. Así, está enfocada á busca de emprego, ao autoemprego, á adaptación a situacións descoñecidas e aos novos contornos dixitais. Un estudo recente realizado por Linkedin destaca que o 92% das persoas directivas de empresas consideran que as competencias brandas son iguais ou máis importantes que as técnicas. Ademais, o 75% dos responsables de Recursos Humanos sinalan que as soft skills son esenciais ñá hora de seleccionar ou non un candidato. Si se fala de postos directivos, a porcentaxe aumenta ata o 94%.

As persoas interesadas en participar no obradoiro poden anotarse xa e ata o próximo 10 de maio a través da dirección de mail https://rumboaempregabilidade.fpgft.gal/. No curso analizaranse 9 competencias brandas e o grao de uso que se fai en cada unha delas, así como se exporán experiencias de persoas expertas no mundo do management, dos recursos humanos e da empresa. Así mesmo, haberá tamén sesións de coaching individuais.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/57411/xunta-organiza-obradoiro-dixital-para-mellorar-oportunidades-laborais-dos-maiores?langId=gl_ES

on 26 Abril 2021

Valedor do Pobo
RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2021 pola que se aproba a convocatoria da segunda edición dos premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de
grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres.

Requisitos
Os traballos deberán destacar polo seu elevado valor en materia de igualdade e dereitos das mulleres.
Os dereitos sobre os traballos presentados non poderán estar cedidos a terceiros con carácter de exclusividade.
Os traballos deberán ter sido lidos, defendidos ou xulgados e aprobados, segundo proceda, ante calquera universidade galega durante o curso académico 2020/21.
Os traballos serán presentados en idioma galego ou castelán. No caso de que se presentasen en idioma distinto dos anteriores, deberá achegarse tradución.

As solicitudes presentaranse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e ata o 15 de outubro de 2021.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210426/AnuncioG2022-160421-0001_gl.pdf

on 13 Abril 2021

Agaca, a través dá Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:

ENCONTRO DE MOZOS E MOZAS DOUS ÓRGANOS DIRECTIVOS DÁS COOPERATIVAS AGROALIMENTARIAS

Obxectivo: pretender a apertura de expectativas dá mocidade galega socia de cooperativas, á realidade do cooperativismo na UE e de España.

Destinatarias/vos: a mocidade socia e/ ou fillas/vos de persoas socias de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia.

Contido:
◾Vos retos dá mocidade agricultora e ou papel dás cooperativas agrarias nos mesmos.
◾A mocidade agricultora, alma dás cooperativas agrícolas de mañá.
◾Retos dás mozas/vos, ou acceso aos fondos públicos Next Generation e necesidades dás cooperativas do futuro.
◾ Ferramentas para fomentar a participación dás mozas/vos nas cooperativas.
◾ Dixitalización como panca para atraer e reter mozas/vos non medio rural e na actividade agraria.

Modalidade: en liña.

Data: 21/04/2021.

Horario: 10:00 a 13:00 h.

 Inscrición: https://zoom.us/meeting/register/tJcldu2orjgjGdNPqZIplItivPOZINKZrA4H

Prazo: 21/04/2021 09:30 h.

Máis información: http://www.eusumo.gal/encontro-de-mozos-e-mozas-dos-organos-directivos-das-cooperativas-agroalimentarias-0

981 584 911

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

on 09 Abril 2021

A consellería de Emprego e Igualdade e a Fundación Ronsel veñen de asinar o convenio para pór en marcha o 2º programa de Mentoring Traballo Autónomo desta entidade.

Este programa está dirixido a que as persoas profesionais autónomas de Galicia consoliden os seus negocios, estando orientado este ano de xeito especial a reducir o impacto negativo da COVID-19 nas empresas.

Esta nova edición iníciase coa expectativa de chegar a 200 persoas traballadoras autónomas: 70 na provincia da Coruña, 70 en Pontevedra, 30 en Lugo e 30 en Ourense.

Arranca co triplo obxectivo de reducir os riscos das persoas autónomas na súa actividade profesional, acompañalas na consolidación dos seus negocios e contribuír, mediante melloras nas áreas de xestión, ao incremento dos seus contactos e actividade económica. O actual contexto fai que o enfoque da nova edición se redirixa a paliar ademais o impacto negativo da pandemia no traballo autónomo.

Nesta edición terán un acceso preferente ao programa as persoas traballadoras autónomas que teñan recibido algunha axuda dos dous Plans de Rescate da Xunta e, nun segundo grupo, as persoas beneficiarias de calquera outra axuda da Administración autonómica. Darase prioridade ademais a profesionais cunha antigüidade mínima de 42 meses de actividade profesional, que contan cunha base para aproveitar con maior éxito os coñecementos que lle poidan aportar os mentores.

O prazo para a solicitude permanecerá aberto ata o 30 de abril e a inscrición é a través do portal da Oficina do emprego autónomo dispoñible a través deste enlace

on 09 Abril 2021

As persoas destinatarias son inmigrantes en situación administrativa regular, maiores de 16 anos, que precisan preparar o exame do DELE A2 para obter a nacionalidade española.

Daráselles prioridade ás persoas que se atopen preparando ou preparasen as probas do exame de certificación do nivel A2 a través dunha entidade de iniciativa social, rexistrada como entidade prestadora de servizos sociais no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Xunta de Galicia (Decreto 254/11, de 23 de decembro, publicado no DOG do 20 de xaneiro de 2012) ou a través dalgunha Administración pública.

Os requisitos das persoas participantes serán:

— Presentarse ao exame do DELE A2 para obter a nacionalidade española

— Ser maiores de 16 anos

— Estar empadroadas nun concello da provincia de Pontevedra

— Atoparse en situación administrativa regular en España

— Non contar cunha dispensa do Ministerio de Xustiza para realizar a proba do DELE A2

— Saber ler e escribir

— Ter coñecementos básicos da lingua española. O nivel do curso será o A2 do MCER

Terceira. Oferta de cursos

Ofértanse tres (3) edicións, de ata cincuenta e cinco (55) prazas, cun máximo de vinte (20) alumnas e alumnos por aula, no caso de que estes cursos poidan ser presenciais en función da evolución da situación pandémica xerada pola COVID-19.

Os cursos terán lugar nas seguintes localidades e datas:

PRIMEIRA EDICIÓN: VIGO. No lugar que determine a Deputación de Pontevedra

— Datas: do 24 de maio ao 11 de xuño

— Número de horas: 40

— Horario: de 15.30 a 18.10 horas

— Número máximo de participantes por aula: 20

SEGUNDA EDICIÓN: VIGO. No lugar que determine a Deputación de Pontevedra

— Datas: do 14 de xuño ao 2 de xullo

— Número de horas: 40

— Horario: de 9.30 a 12.10 horas

— Número máximo de participantes por aula: 15

TERCEIRA EDICIÓN: PONTEVEDRA. No lugar que determine a Deputación de Pontevedra

— Datas: do 13 de setembro ao 1 de outubro

— Número de horas: 40

— Horario: de 9.30 a 12.10 horas

— Número máximo de participantes por aula: 20

Tras finalizar estas edicións, o alumnado dos cursos presentarase ao exame do DELE A2 levado a cabo polo Instituto Cervantes en Vigo, que terá lugar o 10 de setembro para as persoas candidatas da 1.ª e da 2.ª edición e o 13 de novembro para as da 3.ª edición.

O prazo de inscrición será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/04/09/2021018245