on 04 Mai 2021

DURACIÓN: 200 HORAS (100 TEÓRICO-PRÁCTICAS + 100 PRÁCTICAS PROFESIONAIS NON LABORAIS)

DATAS: Do 24 de maio ao 29 de xuño a parte teórico-práctica, a continuación as prácticas

HORARIO: A parte teórico-práctica de luns a venres, non festivos, de 9.00 a 14.00

LUGAR: A ESTRADA (Instalacións da Sala Gradín)

PERSOAS DESTINATARIAS: MOZOS E MOZAS DE 18 A 30 ANOS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO

INSCRICIÓN: Cáritas Parroquial da Estrada (San Paio, 22. Luns a venres de 10.30 a 12.30. Tl. 617865255)

PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o 18 de maio de 2021

PARTICIPAN: Cáritas Parroquiais da Estrada, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña, Pontecesures e Valga

on 04 Mai 2021

Consellería de Cultura, Educación e Universidade
RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos
certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2021, que foron convocadas mediante a Resolución do 8 de marzo de 2021 (código de
procedemento PL500C).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210504/AnuncioG0598-260421-0003_gl.pdf

on 03 Mai 2021
  • Comercialización en liña de experiencias gastronómicas

Cando: Martes 4 de maio de 2021 de 18 a 19 horas

INSCRÍBETE

  • Edita as túas fotografías co teu teléfono móvil: Snapseed

Cando: Mércores 5 de maio de 2021 de 12 a 13:30 horas

INSCRÍBETE

  • Configuración óptima dun PC segundo a actividade para realizar I

Cando: Xoves 6 de maio de 2021 de 12 a 13:30 horas

INSCRIBETE

  • Introdución ao inbound márketing II

Cando: Xoves 6 de maio de 2021 de 18 a 19 horas

INSCRÍBETE

 

on 03 Mai 2021

Obradoiro en liña: Contabilidade Cooperativa Nivel Pro. Supostos prácticos !!!!
Organiza Espazocoop a través da Rede Eusumo, a rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social.

Datas de realización: do 12 ao 31 de maio.

Horario: celebraranse 4 sesións virtuais de aprendizaxe os días 12, 19, 26 e 31 de maio en horario de 11:00 a 12:30 hs. A persoa titora estará dispoñible no seguinte horario de luns a venres de 16:00 a 17:00 hs.

Dirixido a: persoas cun proxecto de emprendemento cooperativo e que están a poñer en marcha unha empresa, interesadas en facelo ou integradas nunha con poucos coñecementos da xestión contable.

Programa:
Tema 1. A estrutura xeral contable.
Tema 2. O tratamento dos fondos propios e específicos nas cooperativas de traballo.
Tema 3. A conta de perdas e beneficios e a distribución de resultados.
Tema 4. Fiscalidade cooperativa.

Inscricións:
Gratuíta.
A través do seguinte formulario: https://lnkd.in/dMec6Qm

Máis información:
https://lnkd.in/dh8KRtW
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

881 887 456

on 29 Abril 2021

A Xunta de Galicia ten aberto o prazo para participar en “Rumbo á Empregabilidade”, un obradoiro virtual de competencias brandas (flexibilidade, comunicación, liderazgo...) para o desenvolvemento no mercado laboral, que terá lugar entre o 11 de maio e o 11 de xullo.

Dirixido a persoas desempregadas de máis de 45 anos, está enfocado a:
➡ Busca de emprego
➡ Autoemprego
➡ Atopar oportunidades
➡ Adaptación á nova contorna laboral

Tes ata o 10 de maio para inscribirte en 👉 https://lnkd.in/eRrn8XJ
Non perdas de facelo!

on 29 Abril 2021

A empresa estatal Correos dispón de tres cursos gratuítos a través da plataforma Fundae.
Correos é unha das compañías que máis emprego xera no país, convocando anualmente máis de 3.000 prazas. A principios de abril publicou a lista de admitidos da anterior convocatoria con 3.421 prazas. Mentres tanto os que presentaron a súa solicitude para a Bolsa de Emprego, seguen esperando a que se publique a lista.

Cando te presentas a unhas oposicións de Correos, na valoración de méritos ademais da titulación, permisos de conducir, idiomas ou experiencia previa dentro da compañía tamén puntúan a formación impartida por Correos ou os sindicatos que previamente autorizou a compañía.

Os cursos que adoitan impartirse e que son valorables son.

O cliente e a cadea de valor
Portofolio de produtos
Paquetería
Excel básico persoal operativo
Dixitalización III
SGIE e PDA
Técnico de Venda I.

A continuación mostrámosche tres cursos gratuítos que son impartidos por Correos en colaboración coa Fundación Estatal para a Formación no Emprego ( Fundae) do Goberno.

  • Solucións Ecommerce de Correos, cunha duración dunha hora, inclúe un vídeo formativo. Con este curso poderás adquirir coñecementos en lossiguientes apartados: Crear Web, Crear tenda en liña, Vender en Marketplaces, Crear App, Cros- border ecommerce. [FICHA ]
  • Marketing Dixital, ten unha duración dunha hora e inclúe un vídeo formativo. Poderás adquirir coñecementos para crear tráfico na túa tenda en liña, Rendibilidade do investimento en márketing, Compradores de produto e redes de afiliación, Redes Sociais. [FICHA ]
  • Ecommerce e Tenda En liña. Do mesmo xeito que os dous anteriores, ten unha duración dunha hora e tamén inclúe un vídeo explicativo. Neste curso adquirirás coñecementos de introdución, ecommerce, claves do éxito, pasos para crear unha tenda en liña, requisitos legais. [FICHA ]

Máis cursos.
Os cursos que son valorables para as oposicións, como mencionamos anteriormente son os que se imparten internamente en Correos. Para iso debes estar activo, é dicir, estar a traballar en Correos. Impártense desde a plataforma de https://formacion.correos.es/

Outra opción é realizar os cursos a través dos sindicatos, onde non é necesario estar en activo. Por exemplo CCOO abriu o prato para o curso de Digitalizacion III neste mes de abril, aínda que o prazo xa finalizou.