on 26 Xullo 2021

No Vives Emprega Galicia xa teñen en marcha as novas edicións do programa a realizar no segundo semestre do ano.

E importante ter en conta que seguimos co escenario Covid polo que o programa seguirá en modalidade semipresencial-online e poden participar persoas de distintas localidades sin ter que estar empadroados nos concellos que aparecen ahí.

Consulta no cartel adxunto toda a información.

on 26 Xullo 2021
  • Promociona o teu negocio con Google My Business

Cando: Martes 27 de xullo de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

  • Aprende a elixir as palabras clave para a túa estratexia SEO o SEM

Cando: Mércores 28 de xullo de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

  • Como mellorar o footer da túa web

Cando: Xoves 29 de xullo de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

on 16 Xullo 2021
  • Ferramentas dixitais para restauración e hostelería

Cando: Martes 20 de xullo de 11:00 a 12:00 horas

INSCRÍBETE

  • Así funciona Whatsapp Business

Cando: Mércores 21 de xullo de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

  • Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest

Cando: Xoves 22 de xullo de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

on 15 Xullo 2021

Programa Girl SteAm para rapazada de 8-11 anos” e “Programa Girl SteAm para rapazada de 12-15 anos

Descrición: O obxectivo do Programa Girl SteAm é promover a creación de referentes, visibilizar roles e motivar as vocacións tecnolóxicas temperás dirixidas ás nenas e nenos, para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos SteAm a través de obradoiros formativos prácticos, onde aprender e experimentar coa tecnoloxía, coa finalidade principal de fomentar o talento e espertar as vocacións tecnocientíficas, engadindo o “A” de artes, pasando de STEM a STEAM. Trataranse temas como:

  • A igualdade.

  • sentido crítico ante a tecnoloxía.

  • uso creativo da tecnoloxía, máis aló do mero uso e consumo.

  • A colaboración e o traballo en equipo.

  • A importancia das artes como ferramenta de desenvolvemento.

 

Datas: 6 e 9 de agosto.

Lugar: Aula Cemit da Estrada

Idade mínima e máxima (adaptada en cada caso segundo a idade de 8-11 ou de 12-15)

Número de prazas: 10

Inscricións: https://cemit.xunta.gal/

 * Para calquer dúbida chamar ó teléfono 98 6570 997 en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Observacións: Actividade enmarcada no convenio de colaboración entre Agasol e a Amtega e no Plan de Talento Dixital de Galicia DigiTalent para o impulso de actividades de mentorado próximo desde idades temperás dirixidas ás nenas

 

on 12 Xullo 2021
  • Covid e ciberseguridade en 2021

Cando: Martes 13 de xullo de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

  • Vídeo Márketing IV – Stop Motion, crea os teus vídeos con este efecto

Cando: Mércores 14 de xullo de 12:00 a 13:30 horas

INSCRÍBETE

  • Debuxo con Onshape, proxecto completo II

Cando: Xoves 15 de xullo de 12:00 a 13:30 horas

INSCRÍBETE

on 08 Xullo 2021

Campus Rural pon en marcha un programa formativo que permitirá aos/ás estudantes universitarios/as  facer prácticas académicas en empresas, administracións e organizacións de contornas rurais.

O obxectivo de Campus Rural é desenvolver experiencias de inmersión rural en municipios de menos de 5.000 habitantes  para recuperar os lazos culturais, emocionais e laborais dos/as mozos/as co territorio.

Campus Rural poñerase en marcha no curso 2021-2022 para 200 universitarios/as con prácticas formativas de entre 3 e 5 meses  cunha prestación económica de 1.000 euros brutos ao mes.

Campus Rural combate o despoboamento con formación e talento para reducir a brecha urbano-rural e impulsar o papel da Universidade na axenda de cohesión territorial que marca o Plan Reto Demográfico

CRONOGRAMA:

- 30 DE OUTUBRO: data límite para a presentación de proposta de prácticas por parte das entidades de entornos rurais propoñentes.

- 15 DE NOVEMBRO: data límite para que as universidades envíen á Comisión Xestora do programa as propostas preseleccionadas.

- 15 DE FEBREIRO: data límite para a validación das propostas por parte da comisión xestora do programa

- 15 DE DECEMBRO: data límite para a asignación de estudantes ás prácticas 

Todos os detalles nesta guía práctica: https://www.miteco.gob.es/es/guia_practica_tcm30-528960.pdf