ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA
RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2025 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.
Destinatarios/as
Persoas inscritas no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia na sección de instalacións acuáticas que estean obrigadas a renovar a inscrición antes do 31 de decembro de 2026. Non obstante, poderán inscribirse aqueles que teñen que renovar a inscrición con posterioridade á data sinalada, pero só serán seleccionados no caso de existir prazas vacantes.
O prazo de inscrición será de 20 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251029/AnuncioO3C2-211025-0001_gl.pdf

