on 21 Marzo 2024

Data de inicio: 16/04/2024

Data de fin: 13/09/2024

MODALIDADE: EN LIÑA

Requisitos:

Persoas con discapacidade

Duración: 448 horas

INSCRICIÓNS: 981 865 716 ou no enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

on 21 Marzo 2024

INICIO: 04/04/2024

FIN: 13/09/2024

DURACIÓN: 488 HORAS

REQUISITOS:

- Persoas con discapacidade

INSCRICIÓNS: 981 865 716 ou no enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

on 19 Marzo 2024

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2024 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva (CAFDO), co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Destinatarios/as

Persoas interesadas na inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia por medio da acreditación da formación mínima establecida no artigo 4 do Decreto 152/2021, do 21 de outubro, e as persoas que ao abeiro da disposición transitoria primeira do Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia estiveron inscritas provisionalmente no rexistro de socorristas acuáticos e que na actualidade se encontran coa inscrición caducada poderán obter a formación mínima e renovar a inscrición na sección correspondente.

Actividades formativas

As actividades formativas serán as que se especifican no anexo II desta resolución, no cal, se indica tamén, de ser o caso, o número de edicións por curso, número de horas lectivas, número de prazas, datas de realización e horarios dos distintos cursos.

As actividades formativas terán preferentemente horario de mañá e tarde. Os cursos convocados realizaranse na Academia Galega de Seguridade Pública (rúa Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), sen prexuízo de que algunhas actividades formativas concretas ou módulos delas se poidan facer fóra das súas instalacións. De ser o caso, as persoas seleccionadas nas diferentes actividades formativas serán notificadas por correo electrónico de calquera outra información necesaria.

O prazo de inscrición será ata o 27 de marzo de 2024 a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240319/AnuncioO3C2-120324-0001_gl.pdf

 

on 15 Marzo 2024

Curso de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA  A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS (SSCS0208), conducente á obtención do Certificado profesional de nivel 2 de cualificación profesional (CERTIFICADO CON ALTA EMPREGABILIDADE)

A través deste curso, os/as alumnos/as obterán a titulación requirida para exercer as ocupacións de xerocultor/a, coidador/a en residencias e centros de persoas dependentes, que habilita tanto para exercer a súas funcións en residencias como en domicilios (coa normativa actual).

É un curso 100% subvencionado - gratuito, no que teñen prioridade as persoas en situación de desemprego e que cumpran os requisitos de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2 ( https://emprego.xunta.gal/portal/es/11-demandantes/demandantes-sp/390-certificados-de-profesionalidad.html#nivel-2

Este curso inclúe un módulo de prácticas en centros de traballo, o que constitúe unha oportunidade de cara a inserción laboral.

  • lugar de realización será en COESCO SLU, centro ubicado na Rúa San Paio 21 – Baixo. A Estrada.
  • inicio está previsto para mediados de abril.
  • proceso de selección do alumnado levarase a cabo nas vindeiras semana polo que, se houbese persoas interesadas, deberán contactar con nos a través das vías postas a súa disposición.
  • En total son 468 horas de duración, entre os módulos propios do curso, o módulo de prácticas en residencias e os transversais.

Aquelas persoas que estean interesadas ou queiran mais información, poden contactar con nós nos teléfonos 986 57 20 25, no 667 703 711, a través do mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou de forma presencial no noso centro.

on 13 Marzo 2024

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2024, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2024 (código de procedemento PL500C).

As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Datas de realización das probas.

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio e xuño de 2024, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.

As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

Localidades onde se van realizar as probas e niveis.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

 As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240313/AnuncioG0655-060324-0002_gl.pdf

 

on 12 Marzo 2024

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2024 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 15 ao 25 de marzo de 2024.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240312/AnuncioO150-280224-0001_gl.pdf