on 23 Abril 2025

CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 3 de marzo de 2025 (código de procedemento PL500C).

Fixar as seguintes datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), convocadas mediante a Resolución do 3 de marzo de 2025:

– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 10 de maio de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P e Q. 11 de maio de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D e E.

– Celga 4, en Madrid: 10 de maio de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q e R. 11 de maio de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D e E.

– Celga 3, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid: 24 de maio de 2025, para todas as persoas admitidas.

– Celga 2, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid: 25 de maio de 2025, para todas as persoas admitidas.

– Celga 1, en Santiago de Compostela: 31 de maio de 2025, para todas as persoas admitidas.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250423/AnuncioG0766-140425-0001_gl.pdf

on 10 Abril 2025

Curso Subvencionado | Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais. 

  • Lugar de impartición: Apetamcor Santiago.
  • Inicio: 05 de maio de 2025. 
  • Horarios: Luns a venres de 9:00 a 15:00h
  • Prazo de inscrición: ata cubrir prazas!
Formación a impartir:
- Realizar e integrar operacións básicas de apoio administrativo

- Transmitir e recibir información operativa nos procedementos habituais con axentes externos da organización.

- Realizar operacións auxiliares de reprodución e arquivo en soportes convencionais ou informáticos.

Ocupacións ou traballos para os que se forma:

- Operadores de central telefónica.
- Teleoperadores.
- Recepcionistas-telefonistas en oficinas, en xeral.
- Clasificadores-distribuidores de correspondencia.
- Auxiliar de servizos xerais.
- Auxiliar de oficina.
- Asistente de arquivo.
- Auxiliar de información

Podes solicitar máis información e inscribirte escribindo ou chamando ao 981 574 922 ou 604 550 773.

on 10 Abril 2025

Dende o Plan de Emprego de Cruz Roja convoca o curso de HIXIENE, ATENCIÓN SOCIOSANITARIA E NUTRICIÓN EN PERSOAS DEPENDENTES (150h) que van realizar na  Estrada próximamente.

Non se esixe unha formación mínima, pero as personas participantes deben ter permiso de traballo e estar en situación de desemprego. 

O horario será de 09:00 a 14:00 h, de luns a vernes.  
 
Persoas interesadas contactar  no teléfono 986.85.21.15  extensión  61261 (área Empleo)
Ou ben por email:Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
on 08 Abril 2025

CAP Renovación realizarase os días:17,18,24,25 e 31 de maio en horario de: 07:30 a 15:00 horas.

Renovación ADR Básico e Cisternas realizarase os días:03,04 e 10 de maio en horario de 07:45 a 14:45 horas.

Obtención ADR Básico e Cisternas realizarase os días: 07,08,14,15 e 21 de xuño en horario de 07:45 a 14:45 horas.

Estes cursos son subvencionados, por tanto sen custo de formación.

No caso dos cursos de CAP Formación Continua, o alumnado só deben de abonar 40,00 euros por gastos de taxa de renovación tarxeta CAP e xestión da mesma.

No caso dos cursos de ADR Obtención, o alumnado só terían que abonar o importe correspondente a 28,87 euros e os cursos de ADR Renovación:10,52 euros.

Poden inscribirse tanto autónomos como traballadores de calquera empresa.

PERSOAS INTERESADAS CONTACTAR A TRAVÉS DOS SEGUINTES MEDIOS:

MAIL.: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

981 574 922 - 604 550 773

on 08 Abril 2025

Dirixido a persoas en situación de DESEMPREGO.

Totalmente GRATUITO

Datas: do 19 ao 30 de maio

Horario: 9.00 a 14.00 horas 

Lugar: Polígono de Toedo- A Estrada

Persoas interesadas contactar no teléfono: 881 243 859

on 08 Abril 2025

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 31 de marzo de 2025 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2025 (código de procedemento ED527A).

Carnés profesionais:

– Carné profesional de instalacións térmicas de edificios.

– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.

– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.

– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

Habilitacións profesionais:

– Operador/a industrial de caldeiras.

– Instalador/a de gas, categoría A.

– Instalador/a de gas, categoría B.

– Instalador/a de gas, categoría C.

– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.

– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.

– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.

– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

Para seren admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estaren en idade legal laboral ou teren a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.

b) Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente

Prazo de presentación de solicitudes

1. Para a primeira convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 9 de abril ao día 25 de abril de 2025, ambos os dous incluídos.

2. Para a segunda convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 16 de xuño ao día 30 de xuño de 2025, ambos os dous incluídos.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250408/AnuncioG0761-010425-0004_gl.pdf