on 24 Febreiro 2026
O próximo 6 de marzo comeza o Certificado Profesional SEAD0411 – Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural, unha titulación oficial de nivel 2, pertencente á familia profesional de Seguridade e Medio Ambiente.
 
Trátase dunha formación 100% gratuíta, cunha duración total de 528 horas, en modalidade presencial, dirixida prioritariamente a persoas desempregadas que conten con ESO, FP ou un Certificado de Profesionalidade de Nivel 2.
 
Este certificado capacita para traballar na prevención, detección e extinción de incendios forestais, así como na intervención ante emerxencias no medio natural e rural.
 
O alumnado recibe unha preparación práctica e completa: aprende técnicas reais de intervención, manexo de ferramentas e equipos de extinción, protocolos de seguridade, coordinación en equipo e toma de decisións en situacións de emerxencia.
Ademais da formación técnica, o obxectivo é claro: mellorar a empregabilidade.
 
Este perfil profesional é demandado tanto por administracións públicas como por empresas forestais e medioambientais. Entre as saídas profesionais atópanse postos como bombeiro/a forestal, brigadista de extinción, traballador/a de retén forestal, vixiante de incendios ou persoal de apoio en emerxencias e Protección Civil.
 
Cómpre salientar tamén que, ao tratarse dun Certificado Profesional oficialesta formación pode ser valorada como mérito en procesos selectivos e oposicións, segundo o establecido nas bases específicas de cada convocatoria.
 
Máis información nos teléfonos: 638 017 639 - 881 083 914 ou na web: https://fuegoymar.com/
on 24 Febreiro 2026

Desde o Plan de emprego de Cruz Vermella Pontevedra,van levar a cabo un novo Curso de "Profesional de Produtos Frescos" (90 horas)

Poderás desempeñar funcións crave como dependente/a, nas diferentes seccións dun supermercado; carnicería, charcutería, peixaría, frutería e/o panadería.

📅 Do 3 de marzo ao 27 de marzo

🕘 Horario: 9:00 a 14:00 h. De luns a venres

📍 Nun centro de formación en Pontevedra

📢 Con posibilidade de prácticas en empresas.

Persoas interesadas contactar:

No teléfono 986 852 115 Ext. 61261 

No enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

on 20 Febreiro 2026

Dende o IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ facitanche a obtención do título da ESO.

Podes conseguilo matriculándote na EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS (ESPA), se NON TES ESTUDOS ou os que fixeches NON ESTÁN CONVALIDADOS.

O título da ESO ábreche portas en empresas, formación profesional, oposicións.

Grupos reducidos, ambietne adaptado a persoas adultas e apoio do profesorado.

INFORMACIÓN PÚBLICA, GRATUÍTA E DE CALIDADE

Persoas interesadas contactar no teléfono: 886 151 924 ou no enderezo electrónico: iesantonlosada.gal 

on 19 Febreiro 2026

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2026 pola que se convocan cursos titorizados en liña con aproveitamento activo e avaliación continua, para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (ComDix), no seu nivel de iniciación.

Convocar os dous (2) plans de actividades formativas que se relacionan no anexo I desta convocatoria cos 7 cursos que compoñen o itinerario ComDix-Iniciación, que terán lugar na modalidade de teleformación titorizada en liña, con aproveitamento activo e avaliación continua.

As actividades formativas dos plans presentados nesta edición forman parte do itinerario ComDix-Iniciación e teñen validez para a obtención da certificación ComDix-Iniciación, unha vez completado o itinerario de 250 horas que conforma a dita certificación.

Poderán participar nestas actividades formativas as persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.

O prazo para a inscrición no Plan formativo A ou B será de dez (10) días naturais a partir do seguinte as da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260218/AnuncioG0177-050226-0001_gl.pdf

on 19 Febreiro 2026

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2026 pola que se convocan seis edicións do curso formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais destinado ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Destinatarios/as

Persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de inscrición será ata o 2 de marzo de 2026 a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260219/AnuncioO3C2-090226-0001_gl.pdf

on 10 Febreiro 2026

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

REQUISITOS:

a) Ser maior de vinte anos ou facer esa idade no ano 2026.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2025/26.

A proba realizarase en Santiago de Compostela os días 23 e 24 de abril de 2026 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260210/AnuncioG0761-300126-0001_gl.pdf