on 17 Abril 2024

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2024 pola que se convocan dúas edicións do curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais, destinado ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Destinatarios/as

Persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Solicitudes

O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp http://agasp. non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

O prazo de inscrición será ata o 26 de abril de 2024 a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240417/AnuncioO3C2-100424-0001_gl.pdf

on 12 Abril 2024

Ciberseguridade, o que non se ve da navegación en Internet

Cando: Luns, 15 de abril de 10:30 a 11:00

INSCRÍBETE

 

Programación con Arduino Modulo I – Parte I

Cando: Xoves, 18 de abtil de 10:30 a 13:30

INSCRÍBETE

 

Para consultar todos os eventos da rede: https://smartpeme.depo.gal/gl/eventos?_mrMailingList=41&_mrSubscriber=4827

Tamén podes inscribirte chamando por teléfono ao 886 202 020 ou enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

on 08 Abril 2024

Dirixido a persoas en situación de desemprego inscritas como demandantes no Servizo Público de Emprego de Galicia,

Data de inicio: 14/05/2024

Data de fin: 08/07/2024

horario: de 9.00 a 14.00 horas

Enderezo: Polígono do Tambre- Santiago

 

CURSO TOTALMENTE GRATUÍTO

Persoas interesadas inscribirse no enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono: 650 677 437

on 03 Abril 2024

O Concello de Cuntis vai impartir un curso de:

“ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS”

Este curso iniciarase o día 5 de maio de 2024 en horario de mañá de luns a venres, e aínda quedan prazas dispoñibles.

As persoas que estean interesadas en participar neste curso, poden achegarse ao Centro de Formación Ocupacional “A Ran” no Polígono Industrial “A Ran“ de Cuntis.

Para obter mais información tamén poden chamar aos teléfonos: 986 548 708, 986 532 579, do Centro de Formación Ocupacional “A Ran” do concello.

on 26 Marzo 2024

MINISTERIO DA PRESIDENCIA, XUSTIZA E RELACIÓNS COAS CORTES

Orde PJC/274/2024, do 23 de marzo, pola que se convoca a proba de avaliación de aptitude profesional para o exercicio da profesión da avogacía para o ano 2024.

Convócase a proba de avaliación para a acreditación da capacitación profesional para o acceso á profesión da Avogacía, dirixida a comprobar a formación suficiente para o exercicio da profesión, o coñecemento das respectivas normas deontolóxicas e profesionais, así como, en particular, a adquisición das competencias previstas nos cursos de formación impartidos por universidades ou escolas de práctica xurídica debidamente acreditadas.

Poderán concorrer á proba de avaliación quen reúna os seguintes requisitos:
a) Estar en posesión do título de Licenciado/a en Dereito, Grao en Dereito ou doutro título universitario de grao equivalente que reúna os requisitos establecidos no artigo 3 do Regulamento da Lei 34/2006, do 30 de outubro, aprobado polo Real Decreto 775/2011, do 3 de xuño, ou, no seu caso, das certificacións sustitutorias. As persoas aspirantes con titulacións de orixe obtidas no estranxeiro necesitarán contar con algún dos títulos universitarios de grao mencionados anteriormente debidamente validados, ao amparo do Real Decreto 889/2022, do 18 de outubro, polo que se establecen as condicións e os procedementos de homologación, de declaración de equivalencia e de validación de ensinos universitarios de sistemas educativos estranxeiros e polo que se regula o procedemento para establecer a correspondencia ao nivel do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos universitarios oficiais pertencentes a ordenacións académicas anteriores, ou ben coa homologación do título correspondente en España ao de Licenciado/a en Dereito. As persoas aspirantes deberán cumprir este requisito con anterioridade á admisión ao curso de formación especializada para o acceso á profesión da Avogacía, de conformidade co Regulamento da Lei 34/2006, do 30 de outubro, aprobado polo Real Decreto 775/2011, do 3 de xuño, sen prexuízo da posibilidade prevista no artigo 18.4 do Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización dos ensinos universitarios e do procedemento de aseguramento da súa calidade.
 
b) Superar os cursos de formación comprensivos do conxunto de competencias necesarias para o exercicio da profesión da Avogacía, e o período de prácticas externas tuteladas, acreditados conxuntamente polo Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes e polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, e rexistrados no Rexistro no Rexistro Administrativo do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes establecido para o efecto, #de acordo con o disposto no artigo 8 do Real Decreto 775/2011, do 3 de xuño. As persoas aspirantes deberán cumprir este requisito á data en que se realice a proba.
 
c) Ser maior de idade e non estar inhabilitado para o exercicio da profesión da Avogacía. As persoas aspirantes deberán cumprir este requisito á data na que se realice a proba.
 
O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na avaliación será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no «Boletín Oficial do Estado»
 
on 25 Marzo 2024

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2024 pola que se convoca unha edición do Curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos na Comunidade Autónoma de Galicia, destinado ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo.

Destinatarios/as

Persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.

As actividades formativas serán as que se especifican no anexo II desta resolución, no cal se indica tamén, de ser o caso, o número de edicións por curso, número de horas lectivas, número de prazas, datas de realización e horarios dos distintos cursos. As actividades formativas terán preferentemente horario de mañá e tarde.

Os cursos convocados realizaranse na Academia Galega de Seguridade Pública (r/ Cultura s/n, A Estrada, Pontevedra), sen prexuízo de que algunhas actividades formativas concretas ou módulos destas se poidan facer fóra das súas instalacións. De ser o caso, as persoas seleccionadas nas diferentes actividades formativas serán notificadas por correo electrónico de calquera outra información necesaria.

O prazo de inscrición será de dez (10) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240322/AnuncioO3C2-150324-0001_gl.pdf