on 02 Setembro 2024

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2024 pola que se anuncia a convocatoria do Programa de autoformación e das probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix no seu nivel de iniciación.

As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web do CeMIT https://cemit.xunta.gal 

Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico. 

O prazo para a inscrición estará aberto para as dúas (2) edicións a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e irase pechando secuencialmente para cada unha das edicións co obxecto de permitir que as persoas interesadas que non resulten seleccionadas na primeira edición poidan inscribirse na seguinte convocatoria:

• Edición de outubro: ata o 18 de setembro, inclusive.

• Edición de novembro: ata o 18 de outubro, inclusive.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240902/AnuncioG0177-060824-0002_gl.pdf

on 07 Agosto 2024

A Concellería de Xuventude en colaboración coa Fundación Acción Contra a Fame, abre prazo para participar na Escape Room que desenvolveremos ao aire libre na Estrada (centro urbán) o día 6 de setembro a partires das 18.00 horas.

A actividade está dirixida a persoas de idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos e ten a finalidade de descubrir as HABILIDADES PARA RESOLVER CONFLICTOS E SITUACIÓNS COMPLICADAS que moitas veces temos pero que descoñecemos.

O número máximo de participantes será de 60 persoas e traballarase en grupos que deberán resolver 10 retos.

As persoas interesadas en participar deben inscribirse a través da seguinte ligazón: https://bit.ly/escaperoomtalento

Se algunha persoa desexa recibir máis información ou quere inscribirse directamente no concello, tamén o pode facer chamándonos ao teléfono 986 677 740.

Non é requisito estar empadroado/a na Estrada para participar nesta actividade.

🗓️ Data e hora: 6 de setembro a partir das 18.00 horas

📍 Lugares: A Estrada, centro urbán

🔞 Idades: 18-35 anos

on 02 Agosto 2024

G12 GRUPO EMPRESARIAL DE SERVICIOS, S.L. INSCRIPCIÓNS

Requisitos mínimos de acceso: Non esixe requisitos académicos nin profesionais

Perfil dos alumnos/as: Persoas desempregadas inscritas demandante no Servizo Público de emprego de Galicia. 

Presentación de solicitudes ata 13/09/2024

DATA INICIO: 16/09/2024

DATA FIN: 20/12/2024

HORARIO: 8:30-14:00

HORAS: 380

ENDEREZO CURSO:ASOC HOSTELERIA COMPOSTELA-R/Salvadas, 29-31 baixoSantiago

TOTALMENTE GRATUITO

Persoas interesadas contactar a través dos seguintes medios: 

Mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

TELÉFONO: 650 017 205

on 31 Xullo 2024

O vindeiro venres día 2, de 9:00 a 15:00 horas realizase a formación de PRL de ALBANELERÍA.

Lugar:  Lalín, Presencial.

Persoas desempregadas: gratuíto  con posibilidade de que se lle aboe a kilometraxe sempre que residan en zonas rurais e previa solicitude de autorización.

Autónomos/as e perosas traballadoras por conta allea: 80€

Inscríbete aquí: https://forms.office.com/pages/responsepage.aspx?id=T10Q_58DT0S9bw7R412u9AleM0fVZWtJtQhopcsrx7xUMkNMUVE0UkZaSkVSSFhRVlo3NDdGTUQ3My4u

on 23 Xullo 2024

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril (códigos IF310A, IF310B e IF310C).

Rexeranse polas bases contidas neste anexo:

a) As probas para obter o certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril (código de procedemento IF310A).

b) As probas para renovar o certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril (código de procedemento IF310B).

c) A devolución das taxas de dereitos de exame das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril (código de procedemento IF310C).

As probas indicadas no punto anterior abranguerán as seguintes especialidades:

a) Todas as clases.

b) Clase 1 (materias e obxectos explosivos).

c) Clase 2 (gases).

d) Clase 7 (materias radioactivas).

e) Clases 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9 (materias sólidas e líquidas contidas na enumeración de cada unha das clases do Acordo Europeo para o Transporte Internacional de Mercadorías Perigosas por Estrada –ADR– e no Regulamento relativo ao Transporte Internacional por Ferrocarril de Mercadorías Perigosas -RID-.

f) Materias líquidas inflamables cos números de identificación da Organización de Nacións Unidas 1202 (gasóleo), 1203 (gasolina) e 1223 (queroseno).

O prazo de presentación de solicitudes para participar nas probas será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240723/AnuncioG0759-090724-0002_gl.pdf

on 22 Xullo 2024

Queres mellorar a túa empregabilidade formándote en IA?

FUNDAE ofréceche as BolsasGoogleFundae⤵️

🔹 Introdución á IA

🔹 Produtividade con IA

🔹 Enxeñería de instrucións

🔹 IA de forma responsable

🔹 Vangarda da IA

 

 Inscríbete aquí: https://experienciafundae.es/beca-google/detalle/2795