CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL CONVOCA CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CURSOS PREPARATORIOS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA , CELGA QUE SE REALIZARAN EN VARIAS ESCOLAS DE IDIOMAS

25. 06. 25

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2025/26.

Convocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2025/26, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos I e II, respectivamente.

O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:

– Desde o 30 de xuño ata o 11 de xullo de 2025, para os cursos do primeiro cuadrimestre;

– Desde o 10 ata o 21 de novembro de 2025, para os cursos do segundo cuadrimestre.

Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que sexan presentadas fóra de prazo.

Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25.

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral da Lingua para certificar a súa competencia en lingua galega.

As datas de inicio e remate dos cursos que figuran no anexo II son orientativas. As datas concretas de inicio faranse públicas nos taboleiros de anuncios e na páxina web da escola oficial de idiomas en que terá lugar o curso.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250625/AnuncioG0761-160625-0001_gl.pdf