on 23 Xaneiro 2024

Data e lugar de realización da proba

  1. A proba realizarase en Santiago de Compostela o día 26 de abril de 2024 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
  2. Cando o número de persoas matriculadas exceda a capacidade dos espazos dispoñibles para realizar a proba no IES San Clemente, a Dirección Xeral de Formación Profesional establecerá outro centro ou centros nos cales os aspirantes realizarán a proba.

Modalidades

  1. A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.
  2. Non obstante o anterior, poderanse inscribir na proba, e titular pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio conforme o establecido na segunda parte do anexo III da presente resolución.

Requisitos que deben reunir as persoas aspirantes

  1. Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
  • Ser maior de vinte anos ou cumprir esa idade no ano 2024.
  • Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.
  • Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2023/24.

       2. O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria da proba e dos posibles resultados académicos obtidos nela.

O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba será do 15 ao 28 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Ligazóns: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240123/AnuncioG0655-050124-0002_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED534A&ano=2022&numpub=1

on 19 Xaneiro 2024

Ciberseguridade, que é o malware

Cando: Luns, 22 de xaneiro de 10:00 a 11:00

Inscríbete

Demostración de Solucións Tecnolóxicas para o Sector Comercio

Cando: Martes, 23 de xaneiro de 10:00 a 11:30

Inscríbete

   

Márketing sostible

 

Cando: Mércores, 24 de xaneiro de 12:00 a 13:00

Inscríbete

   

Infraestrutura dixital. Canto custa enviar un WhatsApp?

 

Cando: Xoves, 25 de xaneiro de 11:00 a 12:30

Inscríbete

on 12 Xaneiro 2024

Ciberseguridade, o que non se ve da navegación na internet

Cando: Luns,15 de xaneiro de 10:00 a 11:00

Inscríbete

Audio márketing: crea e diferénciate da competencia cos podcast

Cando: Martes,16 de xaneiro de 17:00 a 18:00

Inscríbete

   

Como crear o teu blog turístico

 

Cando: Mércores, 17 de xaneiro de 10:00 a 11:00

Inscríbete

   

Growth Márketing: estratexias para un crecemento sostible do teu negocio

 

Cando: Xoves, 18 de xaneiro de 12:00 a 13:00

Inscríbete

on 12 Xaneiro 2024

Matrícula ata o 26 de xaneiro!

Dispoñible na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

En horario de mañá ou tarde.

Grupos reducidos.

Información e matrícula: https://www.faxpg.es/cursos-presenciales-lse-a1-2024-es.html

 

on 12 Xaneiro 2024

Convocatorias

1. Convocatoria de abril: a proba terá lugar o día 12 de abril de 2024.

2. Convocatoria de xuño: a proba terá lugar o día 7 de xuño de 2024.

Lugares de realización das probas

1. Constituiranse sedes para a realización da proba nas seguintes localidades: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

2. A relación dos centros educativos que actúen como sedes dos diferentes tribunais publicaranse xunto coa lista de persoas admitidas e excluídas.

 

O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba serán:

a) Para a convocatoria de abril: do 5 ao 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

b) Para a convocatoria de xuño: do 8 ao 19 de abril de 2024, ambos os dous incluídos.

Ligazóns: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240111/AnuncioG0655-040124-0001_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED540A

https://www.edu.xunta.gal/portal/ea/obtencion-de-titulos

https://www.edu.xunta.gal/portal/ea/materiais-didacticos

on 11 Xaneiro 2024

Proba de acceso ao grao medio

O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.

Ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED312C

 

Proba de acceso ao grao superior

O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED312D