Ciberseguridade, Antivirus e actualización do software
Cando: Luns 19 de xuño de 10:00 a 11:00 horas
Packaging, todo o que necesitas saber para o teu e-commerce
Cando: Martes 20 de xuño de 17:00 a 18:00 horas
Xerarquía no deseño: a orde na información
Cando: Mércores 21 de xuño de 17:00 a 18:00 horas
Primeiros pasos con Google Analytics 4
Cando: Xoves 22 de xuño de 12:00 a 13:00 horas
Proxecto emprendedor. Análise de viabilidade
Cando: Xoves 22 de xuño de 12:00 a 13:00 horas
Finanzas para non financeiros
Cando: Xoves 22 de xuño de 17:00 a 18:00 horas
TODAS AS FORMACIÓNS SON GRATUÍTAS
Obradoiros Girl Steam
Os días 20 e 21 de xullo das 10:00 ás 13:00 horas na Aula Cemit da Estrada (sita no 1º andar do edificio da Casa da Música na Avda Benito Vigo nº 94)
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organiza da man do Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) obradoiros prácticos de experimentación tecnolóxica no marco da iniciativa Girl STEAM.
Trátase de impulsar actividades de mentorado próximo desde idades temperás dirixidas a rapazas e rapaces para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM a través de obradoiros prácticos, onde aprender e experimentar coa tecnoloxía, coa finalidade principal de fomentar o talento e espertar vocacións tecnocientíficas.
· O formato será presencial
· Os obradoiros faranse por grupos de idade:
o Grupo 1: de 8 a 11 anos
o Grupo 2: de 12 a 15 anos
· Cada grupo terá 3 horas de obradoiro
· Número máximo de participantes por obradoiro será de 15 persoas.
Grupo 1: 8 a 11 anos
Levarase a cabo unha actividade por equipos que terá como produto final unha peza audiovisual en formato stop motion. Partirase dun circuíto de luces led elaborado polo grupo que sirva de base para elaborar o miniguión e construír a historia con fotogramas que se editará para a presentación final do traballo.
Grupo 2: 12 a 15 anos
Levarase a cabo unha actividade na que se experimentará coa creación de tecidos intelixentes. As rapazas e rapaces aprenderán a programar sensores con Arduino para construír, por grupos, un proxecto sobre unha prenda textil que reaccione a cambios de distancia, luz, inclinación, etc.
Curso Prazas totais Data Hora de inicio Hora de fin
Obradoiros Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos 15 20/07/2023 10:00 13:00
Obradoiros Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos 15 21/07/2023 10:00 13:00
Inscricións na web https://cemit.xunta.gal/. (Data límite inscripción: 19 de xullo ás 14:00 horas)
Para calquera dúbida contacten coas oficinas de aestradadixital sitas na Avda Benito Vigo nº 94 Baixo no teléfono 986570997 en horario de 9:00 a 14:00 horas.
O venres 23 de xuño das 11:00 ás 12:00 horas na Aula Cemit da Estrada (sita no 1º andar do edificio da Casa da Música na Avda Benito Vigo nº 94)
Trátase dunha formación na que se busca formar á cidadanía, principalmente xente maior, de maneira fácil e práctica sobre os principais retos aos que estamos expostos no día a día no contexto da ciberseguridade e como afrontalos.
· O formato será presencial.
· A sesión terá unha duración de 1h e 30min aprox.
Dunha maneira dinámica, participativa e práctica, o obxectivo é dar a coñecer os riscos que nos axexan cada vez que nos conectamos á rede, compartimos contido ou consultamos información.
Neste sentido, abordaranse as principais ciberestafas (phishing, compras fraudulentas na rede, alugueiros vacacionais, compravenda de produtos, sextorsión…) identificando aqueles mecanismos de detección e defensa que nos axudan a previlas e fan que esteamos máis protexidos.
Curso: O teu día a día en liña, con seguridade
Prazas totais: 15
Data: 23/06/2023
Hora de inicio: 11:00
Hora de fin: 12.00
Inscricións na web https://cemit.xunta.gal/. (Data límite inscripción: 21 de xuño de 2023 ás 14:00 horas)
Para calquera dúbida contacten coas oficinas de aestradadixital sitas na Avda Benito Vigo nº 94 Baixo no teléfono 986570997 en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Fórmate en calquera destos certificados:
- IT Automation with Python
- Análise de datos
- Xestión de proxectos
- Deseño da experiencia de usuario (UX)
- Soporte IT
Inscríbete a través da seguinte LIGAZÓN
O Concello da Estrada abriu o prazo de matrícula nos cursos da USC para maiores de 50 anos, Camiños de coñecemento e experiencia.
Son gratuítos e o prazo para anotarse termina o día 27 de abril.
Os cursos serán os días 2, 3, 5, 9, 10 e 11 de maio no Mome, de 16.30 a 18.00 horas.
Este ano haberá seminarios sobre a soidade non desexada, as plantas medicinais e a carta xeográfica de Galicia de Domingo Fontán.
Persoas interesadas anotarse chamando ao teléfono 986 677 795