on 21 Abril 2023

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2023, que foron convocadas mediante a Resolución do 28 de febreiro de 2023 (código de procedemento PL500C).

– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 13 de maio de 2023, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G. 14 de maio de 2023, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U.

– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 20 de maio de 2023, para todas as persoas admitidas.

– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 21 de maio de 2023, para todas as persoas admitidas.

– Celga 1, en Santiago de Compostela: 3 de xuño de 2023, para todas as persoas admitidas.

Os centros de realización das probas serán:

– En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas Fraguas (Celga 4, Celga 3 e Celga 2) e a Escola Galega de Administración Pública (Celga 1)

. – En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (Celga 4, Celga 3 e Celga 2).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230421/AnuncioG0655-120423-0003_gl.pdf

on 14 Abril 2023

Perfil alumnando: persoas traballadoras desempregadas

Requisitos: ESO ou equivalente; competencias clave nivel 2; FP 1; probas de acceso a ciclo medio FP

Persoas interesadas contactar no teléfono 670 441 171

Lugar de celebración: CIFP Ppolitécnico Santiago

CURSO GRATUÍTO

on 12 Abril 2023

- Obradoiros grupais e individuais dirixidos a MULLERES CON DISCAPACIDADE

- Talleres de autoestima; recursos e comunicación

O programa desenvolverase en 10 sesións:

- DE LUNS A MÉRCORES EN HORARIO DE 10.00 A 13.00 HORAS DO 17 DE ABRIL AO 24 DE MAIO

Inscricións:

CIM A ESTRADA: 986 590 151 ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

ACADAR: 674 073 092 ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

on 10 Abril 2023

Temos previsto un curso para persoas desempregadas:  Operacións básicas de restaurante e bar de nivel 1( sen titulación)
A súa duración e de 308 horas con 80 en empresa

Persoas interesadas inscribirse a través do enderezo electrónico: cifp.compostela@edu.xunta.gal

 
O curso impartirase no: CIFP Compostela
R/ Lamas de abade, 23-25
15702 Santiago de Compostela
A CORUÑA
on 10 Abril 2023

En Fundación Laboral de la Construcción Galicia teñen dispoñibles dous cursos gratuítos dirixidos a persoas desempregadas de Soldadura Oxigás e Soldadura MIG/MAG que se comezan este mes nos Centros de Arteixo e Santiago

Trátase dun certificado de profesionalidade de nivel 2, polo que os/as candidatos/as deben ser graduados/as en ESO ou ter titulación equivalente para acceder.

Durante o curso, poderanse realizar prácticas en empresas.

Inscrición ao curso de Santiago: https://www.cursosenconstruccion.com/cursos-subvencionados/detalle/fmec0210-soldadura-oxigas-y-soldadura-mig-mag-23?fbclid=IwAR1-vKbbQ9gBaJmLCxESusV9csqiLr8aVkbnqsAOtdlXWZ-4cPJ75HZlKOs

Inscrición ao curso de Arteixo: https://www.cursosenconstruccion.com/cursos-subvencionados/detalle/fmec0210-soldadura-oxigas-y-soldadura-mig-mag-21?fbclid=IwAR0Sr1YHOOdp-_ogEXlYg3lU-pUBY7dbyfZHPTb-nOeungQBgmJUDLDmoHQ

on 27 Marzo 2023

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan catro edicións do Curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia, destinado ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional do socorrismo.

Destinatarios/as

Persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de inscrición será de sete (7) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230324/AnuncioO3C2-160323-0001_gl.pdf