XUNTA DE GALICIA CONVOCA PROCEDEMENTO PARA A CONCESIÓN DE PRAZAS E BOLSAS NAS RESIDENCIAS XIVENÍS

25. 06. 04

CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

ORDE do 21 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería (códigos de procedemento BS303B, BS303C e BS303D).

As modalidades de adxudicación de prazas establecidas nesta orde regularanse a través dos seguintes procedementos:

a) BS303B: prazas en residencias xuvenís para estudantes.

b) BS303C: prazas en residencias xuvenís para persoas estudantes colaboradoras bolseiras.

c) BS303D: prazas en residencias xuvenís para persoas traballadoras.

Prazas que se convocarán por procedemento e residencias

As residencias que entran no ámbito de aplicación destas bases reguladoras son:

a) Centro Residencial Xuvenil (Lugo).

b) Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense).

c) Residencia Xuvenil Altamar (Vigo).

O período máximo de estadía na residencia xuvenil de todas as persoas residentes será de 11 meses e estará comprendido no período establecido para cada curso académico, coa excepción dos períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa. En todo caso, as persoas residentes deberán abandonar as residencias, como prazo máximo, o 31 de xullo do curso académico.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250604/AnuncioG0766-220525-0001_gl.pdf