CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL CONVOCA BOLSAS DESTINADAS AO ALUMNADO DAS UNIVERSIDADES PÚBLICAS QUE PARTICIPA EN PROGRAMAS DE MOBILIDADE CON PAÍSES EXTRACOMUNITARIOS NO CURSO 2025-26, FORA DO PROGRAMA ERASMUS +

25. 06. 06

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 22 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2025/26, fóra do ámbito do programa Erasmus+ (código de procedemento ED441B).

Poderá solicitar estas bolsas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado no curso 2025/26 en calquera das universidades públicas do Sistema universitario Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.

b) Participar no Programa de mobilidade universitaria con autorización da universidade de orixe (universidades públicas do Sistema universitario de Galicia).

c) Que a mobilidade sexa realizada fóra do ámbito do programa Erasmus+.

d) Non ter desfrutado desta bolsa de mobilidade en convocatorias anteriores.

O programa de mobilidade para o que se solicita a bolsa será realizado durante o curso académico 2025/26.

As axudas concederanse para estadías dun mínimo de tres (3) meses completos. A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será de 1.700 euros para intercambios realizados en Europa e de 2.500 euros para o resto do mundo.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250606/AnuncioG0761-220525-0004_gl.pdf