CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL CONVOCA OS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO CORRESPONDENTES AO CURSO 2024-25

25. 06. 03

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 27 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024/25 (código de procedemento ED311A).

Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios extraordinarios.

A dotación para os premios será de 20.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.423A.480.1 da consellería que convoca, dos orzamentos do ano 2025, que se distribuirán entre as persoas premiadas na mesma contía, e que non poderá exceder os 1.000 € por premio.

Poderá presentarse á proba PEB o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Ter rematado e superado os estudos de bacharelato no curso 2024/25 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, seguindo o currículo oficial vixente nesta, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso.

b) Ter acadado nas cualificacións do conxunto dos dous cursos de calquera das modalidades de bacharelato unha nota media igual ou superior a 8,75. Esta nota referirase á media normalizada, calculada sen ter en conta a cualificación das ensinanzas de relixión, co fin de garantir o principio de igualdade e a libre concorrencia entre todo o alumnado. A nota media calcularase de acordo co establecido no artigo 31.3 da Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa (DOG núm. 111, do 13 de xuño).

Prazo de presentación de solicitudes

1. Na primeira fase, matrícula na proba PEB, o prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación desta orde.

2. Na segunda fase, solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de bacharelato, o prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes a partir do día seguinte da publicación das listaxes de cualificacións definitivas da proba PEB.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250603/AnuncioG0761-270525-0004_gl.pdf