on 18 Xaneiro 2021
 
  • Reels: a nova función de Instagram

Cando: Martes 19 de xaneiro de 2020 de 19 a 20 horas

INSCRÍBETE

  • Cómo utilizar Instagram para promocionar a túa empresa I

Cando: Mércores 20 de xaneiro de 2020 de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

  • Impresión 3D II - Impresoras de filamento

Cando: Xoves 21 de xaneiro de 2020 de 12 a 13:30 horas

INSCRÍBETE

  • Descobre plataformas para crear de maneira sinxela a túa propia tenda en liña

Cando: Venres 22 de xaneiro de 2020 de 12 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

 

 

 

on 15 Xaneiro 2021
 

Se tes entre 16 e 29 anos e estás inscrito/a en Garantía Xuvenil, este programa interésache.

Bótalle un ollo ao cartel informativo! 

on 12 Xaneiro 2021
 

Se xa tes o Nivel A1-A2 e queres continuar a túa formación en Lingua de Signos Española desde casa, sen horarios e cun titor ou titora á túa disposición, apúntate! As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición.

Toda a información sobre o curso e o formulario para realizar a matrícula, na seguinte ligazón: https://www.faxpg.es/cursos-online-lse-b1-1-2021-es.html

on 12 Xaneiro 2021

 

Inscrición gratuíta!

Prazo de inscrición: ata o 20 de xaneiro de 2021.

Datas de celebración: do 21 de xaneiro ao 11 de febreiro de 2021.

Modalidade: en liña.

Formulario de inscrición: https://lnkd.in/dtvChHb

Podes inscribirte tamén no 981 558 008 ou en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Preme aquí para acceder ao programa de teleformación (20 horas):http://eusumo.gal/sites/default/files/Aprende%20proxecto%20ES%20XIV_0.pdf

 

 

 

on 12 Xaneiro 2021

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) convoca a Proba de Acceso á Universidade para as persoas maiores de 45 anos, correspondente ao ano 2021, no ámbito das tres Universidades de Galicia (UDC, USC e Uvigo).

Prazo de matrícula: do 8 ao 12 de febreiro, ambos os dous inclusive, de acordo coas instrucións que indique a CiUG na súa páxina web (http://ciug.gal/).

Requisitos: Poden matricularse para realizar a proba as persoas que cumprisen ou cumpran 45 anos de idade no ano natural en que teña lugar a proba e que non posúan ningunha titulación académica habilitada para acceder á universidade por outras vías.

Datas exame: o sábado 27 de febreiro, a partir das 8.30 horas, na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

Prezo xeral: 63,67€.

Máis información e bases da convocatoria: https://lnkd.in/dKEijMu

Contacto CIUG: Facultade de Dereito, 3º andar -Campus Vida- 15782 Santiago de Compostela.  881 813 452