on 03 Febreiro 2021
 

O próximo día 4 febreiro ás 11.00 h. terá lugar o evento " European Info Day L& W in Ireland "organizado conxuntamente por Eures España

e EURES Irlanda.

Nesta sesión en liña, conselleiros/as EURES irlandeses/as presentarannos as condicións de vida e traballo en Irlanda, destino moi popular para os españois que buscan emprego no exterior, ofrecendo información relevante sobre o seu mercado de traballo, ofertas de emprego, cualificaciones máis demandadas, así como, aspectos de gran interese sobre a vida neste país, tales como o aloxamento, o prezo dalgúns produtos básicos, etc.

Tras a súa presentación, conselleiros EURES españois trasladaranlles as preguntas recollidas no chat que os participantes formulasen.

Incríbete aquí: https://www.europeanjobdays.eu/european-info-day-eures-ireland-spain

on 03 Febreiro 2021
 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade
RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (código de procedemento PL600A).

Duración
Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas. Nos cursos presenciais, estas distribuiranse en sesións de dúas horas e media, de luns a xoves. No caso de suspenderse algunha sesión por coincidir cunha festividade local ou por outra circunstancia, esta recuperarase ao longo do curso.

O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210203/AnuncioG0598-220121-0001_gl.pdf

on 02 Febreiro 2021
 

Curso de prevención de riscos laborais en liña. Nivel básico. Edicións T01, T02 e T03
O prazo de inscrición abrirase o 17/02/2021 ás 09,00 horas.

Curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre en liña. Nivel básico.
O prazo de inscrición abrirase o 17/02/2021 ás 09,00 horas.

Curso de prevención de riscos laborais en liña. Nivel básico. Edicións T01, T02 e T03
O prazo de inscrición abrirase o 22/03/2021 ás 09,00 horas.

◾Curso de prevención de riscos laborais en liña. Nivel básico. Edicións T01, T02 e T03
O prazo de inscrición abrirase o 23/08/2021 ás 09,00 horas.

Curso de prevención de riscos laborais en liña para traballadores autónomos. Nivel básico.
O prazo de inscrición comeza o 14/09/2021 as 09,00 horas.

Máis información e inscrición: http://issga.xunta.gal/portal/contido/formacion/en-lina/index.html

on 01 Febreiro 2021
 
  • Optimización de imaxes: mellora a velocidade da túa web

Cando: Martes 2 de febreiro de 2021 de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

  • Facebooks Ads

Cando: Mércores 3 de febreiro de 2021 de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

  • Impresión 3D IV – Materiais

Cando: Xoves 4 de febreiro de 2021 de 12 a 13:30 horas

INSCRÍBETE

  • Introdución a Google Adwords

Cando: Venres 5 de febreiro de 2021 de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

on 28 Xaneiro 2021
 

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2021 pola que se efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

Destinatarios/as
Persoas maiores de 16 anos ou que os fagan antes do remate do prazo de inscrición.

Organización do curso
1. Número de prazas: 180.
2. Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).
3. Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.
4. Datas de realización: do 1 de marzo ao 28 de maio de 2021

As persoas que desexen participar no curso convocado nesta resolución deberán inscribirse a través de internet na páxina web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal).
Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

O prazo para a inscrición será de cinco (5) días hábiles a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210128/AnuncioG0177-210121-0001_gl.pdf