on 17 Agosto 2021

Data de celebración: Sábado 25 de setembro de 2021.

Duración: 8 horas.

Horario: 10:00 a 14:00 e 15:30 a 19:30  horas

Lugar de celebración: Salón de Actos de FADEMGA Plena inclusión Galicia. Vía Pasteur 53-A. Polígono Industrial do Tambre.15890 Santiago de Compostela (A Coruña)

Prezo: De balde. Subvencionado pola Xunta de Galicia.

Nº prazas: 25 prazas.

Destinatarios/as: Profesionais do voluntariado e Voluntarios/as en entidades sociais

Prazo de inscrición: Ata o 15 de setembro de 2021. A admisión comunicarase vía e-mail o venres 17 de setembro.

Máis información: Adxúntase ficha técnica e formulario de inscrición no seguinte hipervínculo: https://voluntariadogalego.org/axenda/curso-escoitamos

on 11 Agosto 2021

Programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Nº de prazas: 350.

Obxectivo: favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas con estudos de grao ou de formación profesional. O programa está destinado á mellora das habilidades e competencias, desde a educación non formal, para a busca de emprego, tanto por conta propia como por conta allea. As persoas mozas participantes contarán co contacto dunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego, que lles ofrecerán asesoramento e apoio.

Requisitos persoas destinatarias:

- Ter rematados os estudos universitarios ou de formación profesional nunha universidade ou centro de estudos galego.
- Estar inscritas e ser beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da comunidade autónoma de Galicia no momento de iniciar as accións do programa.
- Ter máis de 18 e menos de 30 anos e 4 meses.

Accións:

Traballo con persoas mentoras: asesoramento e apoio para a busca de emprego, por conta allea ou por conta propia, coa titorización dunha persoa mentora. Cada participante terá, polo menos, 4 reunións co seu mentor ou mentora, de forma presencial ou telemática.

Actividades formativas: de maneira presencial. semipresencial ou en liña, dirixidas a desenvolver habilidades e competencias clave para o futuro desenvolvemento profesional da persoa moza.

Asistencia a eventos e visitas a empresas destinadas a mellorar a empregabilidade e establecer unha rede de contactos (networking).

Seguimento e asesoramento continuado por parte do equipo especializado do programa.

Duración: de setembro a decembro de 2021.

Solicitudes: a inscrición no programa realizarase de xeito telemático a través da seguinte páxina web: https://lnkd.in/dac9fBKV

Prazo: ata o 10/09/2021.

Para máis información sobre o programa:
◾ Web do programa en: https://lnkd.in/d6RUTuHJ
◾ Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

on 11 Agosto 2021

Curso: Formación en voluntariado dixital e tecnolóxico.

Data de celebración: 15 de setembro ó 15 de outubro de 2021.

Duración: 25 horas en modalidade online.

Lugar de celebración: Plataforma de formación de Recursos Galicia: https://www.recursosgalicia.es/formacion/

Prezo: De balde. Subvencionado pola Xunta de Galicia.

Nº prazas: 25 prazas.

Destinatarios/as: Responsables de voluntariado e persoas voluntarias  en entidades sociais.

Prazo de inscrición: 6 de setembro de 2021. A admisión comunicarase vía e-mail o 8 de setembro.

Máis información: no seguinte hipervínculo consta a ficha de inscrición e a ficha técnica do curso : https://voluntariadogalego.org/axenda/curso-de-formacion-en-voluntariado-dixital-e-tecnoloxico

Ante calquera cuestión, non dubide en poñerse en contacto  no teléfono 981 519 650 con: Mónica Martínez (ext. 2014) ou Lucía Seráns (ext.2008)

on 11 Agosto 2021

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril (códigos de procedemento IF310A, IF310B e IF310C).

Rexeranse polas bases contidas neste anexo:

a) As probas para obter o certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril (código de procedemento IF310A).

b) As probas para renovar o certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril (código de procedemento IF310B).

c) A devolución das taxas de dereitos de exame das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril (código de procedemento IF310C).

Participarán nas probas da modalidade

a) aquelas persoas que aspiren a obter por vez primeira o certificado. Participarán na modalidade

b) aquelas persoas que xa sexan titulares do certificado e precisen renovalo de conformidade coa normativa vixente; en concreto, o dito certificado estará en vigor e dentro do seu último ano de validez o día da realización das probas. 

As probas indicadas no punto anterior abranguerán as seguintes especialidades:

a) Todas as clases.

b) Clase 1 (materias e obxectos explosivos).

c) Clase 2 (gases).

d) Clase 7 (materias radioactivas).

e) Clases 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9 (materias sólidas e líquidas contidas na enumeración de cada unha das clases do Acordo europeo para o transporte internacional de mercadorías perigosas por estrada -ADR- e no Regulamento relativo ao transporte internacional por ferrocarril de mercadorías perigosas -RID-).

f) Materias líquidas inflamables cos números de identificación da Organización de Nacións Unidas 1202 (gasóleo), 1203 (gasolina) e 1223 (queroseno).

O prazo de presentación de solicitudes para participar nas probas será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210811/AnuncioG0533-280721-0001_gl.pdf

on 10 Agosto 2021
Xa podes inscribirte nas novas Bolsas de Google para a realización de cursos con Certificado de Profesionalidade.
 
Estes cursos son ofrecidos grazas ao acordo de colaboración alcanzado por Google, Fundae e o SEPE.
 
En total convócanse 3.000 bolsas que permitirán ás persoas interesadas formarse nas seguintes temáticas.
 
Curso 1. Aspectos básicos da asistencia técnica.
 
Curso 2. Os bits e bytes das redes informáticas.
 
Curso 3. Sistemas operativos e ti: Converterse nun usuario avanzado.
 
Curso 4. Administración de sistemas e servizos de infraestrutura de TI.
 
Curso 5. Seguridade informática: defensa contra as artes escuras dixitais.
 
Certificado de Profesionalidade.
Estes cursos conta co Certificado de Profesionalidade, por que é importante? Este certificado acredita que a persoa adquiriu as competencias profesionais que o capacitan para o desenvolvemento dunha actividade laboral.
 
Os cursos teñen unha duración de 120 horas.
 
Requisitos e inscrición.
Para poder inscribirche nestas Bolsas e poder realizar os cursos que antes mencionamos, deben cumprir os seguintes requisitos.
Ter polo menos 18 anos e sobre todo ganas de aprender unha profesión no mundo tecnolóxico.
Non se necesitan ter coñecementos previos de informática.
Se estás interesado, podes realizar a túa inscrición enchendo o formulario dispoñible na web de Fundae.
 
A selección para o envío de invitacións para participar neste programa de bolsas farase por orde de chegada atendendo ás seguintes cuestións:
Darase prioridade de participación ás persoas afectadas por ERTE ou en situación de desemprego.
Tratarase de respectar que a porcentaxe de participación de mulleres sexa, como mínimo, do 50%.
 
Compromisos.
As persoas participantes comprométense a realizar o curso, xa que se nun prazo de 15 días non se acepta a invitación e realízase a inscrición no programa, a Bolsa será anulada e pasará á seguinte persoa da lista. Ademais, se unha vez inscrito non se comeza o curso nos 15 días seguintes, a Bolsa quedará anulada.
Do mesmo xeito que, se unha vez iniciado o curso estase inactivo 45 días.