on 06 Abril 2022
- AXUDANTES DE COCIÑA
- COCIÑEIRO/A
É un posto estable, 40 horas semanais.
As funcións serían:
-Axudar ao cociñeira na elaboración dos pratos.
-Envasar os pratos cociñados.
-Limpeza dos utensilios de cociña.
-Preparación dos alimentos.
-Cociñar.
É necesario ter un mínimo de experiencia.
Se estás interesado envía o teu CV a (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) ou chama ao 981 56 83 60 e pregunta por Anabel
on 05 Abril 2022

O SEPE, COE e Fundación Laboral da Construción organizan o webinario 'Novas Oportunidades de Emprego no Sector da Construción' 

📆 7 de abril

⌚ 9:00 horas

📍 En liña

🔵 Máis información: https://www.sepe.es/HomeSepe/que-es-el-sepe/comunicacion-institucional/noticias/detalle-noticia.html?folder=/2022/Abril/&detail=Webinario-sobre-Nuevas-Oportunidades-de-Empleo-en-el-Sector-de-la-Construccion

on 01 Abril 2022

Aprobar as bases reguladoras para a inscrición nos Cursos de Español para Persoas Inmigrantes, promovidos pola Deputación de Pontevedra, para a preparación do DELE (Diploma de Español como Lingua Estranxeira) do nivel A2 do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER) expedido polo Instituto Cervantes.

Os requisitos das persoas participantes serán:

— Presentarse ao exame do DELE A2 para obter a nacionalidade española

— Seren maiores de 16 anos

— Estaren empadroadas nun concello da provincia de Pontevedra

— Atopárense en situación administrativa regular en España

— Non contar cunha dispensa do Ministerio de Xustiza para realizar a proba do DELE A2

— Saber ler e escribir

— Ter coñecementos básicos da lingua española. O nivel do curso será o A2 do MCER

 

Ofértanse tres (3) edicións, de ata cincuenta e cinco (55) prazas, cun máximo de vinte (20) alumnas e alumnos por aula.

O prazo de inscrición será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/04/01/2022019002

 

on 31 Marzo 2022

O vindeiro LUNS 4 DE ABRIL, terá lugar unha charla informativa na Academia Galega de Seguridade Pública, na que persoal técnico da Xunta de Galicia explicarán todas as AXUDAS DE VIVENDA DA XUNTA DE GALICIA e na se poderán aclarar todas as dúbidas que teñas

Data: luns, 4 de abril

Hora: 10,30 horas

Lugar: Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP (Rúa da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra)

Ante o elevado número de consultas que temos en referencia a estas axudas, desde o Concello da Estrada facemos extensible á toda a cidadanía a asistencia a dita sesión informativa, se ben, por unha cuestión de aforo aquelas persoas que desexen asistir deberán inscribirse chamando ao departamento de emprego municipal: 986 677 740

 

on 30 Marzo 2022

Neste centro vanse a acreditar ditas Competencias Profesionais nos ciclos das seguintes familias profesionais:

• Familia de Madeira, Moble e Cortiza.

• Familia de Transporte e Mantemento de Vehículos.

Se necesitas máis información ou tes dúbidas sobre o proceso, podes poñer en contacto co IES no e-mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou no teléfono 886 151 924.

Presentación ARA.pdf

diptico acreditacion.pdf