Dende COESCO poñen en marcha Curso para obter a Competencia Clave de Nivel 2 de Comunicación en Lingua Castelá, precisa para aquelas persoas que, non reunindo os requisitos académicos, queiran acceder a formación para a obtención dos Certificado de Profesionalidade de Nivel 2.
Trátase dun curso gratuíto preferentemente para persoas en situación de desemprego, con posibilidade de solicitar axudas para a formación dependendo dos supostos.
Cursarase un total de 138 h. entre as seguintes datas e horario:
Data convocatoria selección: 16/11/2021, as 10:00 h.
Poden contactar con COESCO ou achegarse polo centro, incluso presentarse o mesmo día da convocatoria a hora especificada.
Rúa San Paio, 21 – 36680 A Estrada | Tel. 986 572 025 - 667 703 711
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Programa europeo de intercambios para mocidade emprendedora!
Estás a pensar en crear o teu propio negocio, ou ben acabas de facelo?
Ou quizais xa dirixes unha próspera empresa e gustaríache abrila a novos mercados, ou introducir novas ideas…
O Programa Erasmus para Mocidade Emprendedora pode ser o que estás a buscar!
🎯O Erasmus para Mocidade Emprendedora é un programa de intercambios transnacionais que ofrece a emprendedores noveis e persoas que desexan crear unha empresa a oportunidade de aprender de empresarios experimentados que dirixen pequenas empresas noutros países participantes.
📌O intercambio de experiencias prodúcese no marco de estancias con persoas empresarias experimentadas durante as cales os/as novos/as emprendedores/as poderán adquirir as habilidades necesarias para dirixir unha pequena ou mediana empresa. As persoas anfitrioas benefícianse dunha nova perspectiva sobre o seu negocio e adquiren a oportunidade de cooperar con socios estranxeiros ou coñecer novos mercados.
💁♀️A túa principal ligazón durante o Programa Erasmus para Mocidade Emprendedora será o teu punto de contacto local. Estas entidades designadas pola Comisión Europea ofreceranche orientación ao longo do intercambio: axudaranche a presentar a solicitude e a establecer unha relación frutífera cunha persoa empresaria axeitada, ademais de resolver calquera dúbida.
👫Quen pode participar?
Novos/as emprendedores/as que están a planear seriamente crear o seu propio negocio ou que o fixeron no últimos 3 anos.
Empresarios/as experimentados/as que teñen en propiedade ou dirixen como socios/as unha pequena ou mediana empresa nos países participantes.
MÁIS INFORMACIÓN:
🌐Portal Erasmus Entrepreneur: https://lnkd.in/d755gX4D
🌐O teu punto de contacto local: https://lnkd.in/d2wff6vt
Cando: Martes 16 de novembro de 11:00 a 13:00 horas
Cando: Mércores 17 de novembro de 18:00 a 19:00 horas
Cando: Xoves 18 de novembro de 11:00 a 13:00 horas
Cando: Xoves 18 de novembro de 18:00 a 19:00 horas
Tamén podes inscribirte chamando por teléfono ao 886 202 020 ou enviando un correo a info.Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Perfil alumnado: Persoas desempregadas inscritas demandante no Servizo Público de emprego de Galicia.
Requisitos mínimos de acceso: sen titulacion Presentación de solicitudes ata 15/11/2021
DATA INICIO: 15/11/2021
DATA FIN: 09/02/2022 HORARIO: 15:00-20:00
HORAS: 283
ENDEREZO: Vía Edison, 1C. Polígono do Tambre Santiago de Compostela
INSCRIPCIÓNS: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
TELÉFONO: 673 113 914
A toma de decisións e a planificación do futuro profesional son dous dos eidos nos que pon o foco o Proxecto Mentoring da USC, cuxa inscrición permanece aberta ata o vindeiro 11 de novembro. “Ás persoas participantes proporcionaráselles o contacto cun profesional experimentado da mesma área profesional, que lles ofreza asesoramento, información e apoio para que poidan identificar mellor as súas fortalezas, definir o seu proxecto profesional e aproveitar as oportunidades da súa contorna, coa finalidade de mellorar as súas posibilidades de acceso ao mundo laboral”, explican dende a Área de Orientación Laboral da USC.
No transcurso destes contactos establecerase unha relación de apoio no que os/as mentores/as, de forma individualizada, darán a coñecer o seu ámbito e desenvolvemento profesional, e poderán ofrecer asesoramento aos participantes sobre a forma de abordar a transición ao mundo laboral.
Obter coñecementos da área de traballo de interese, enfocar a busca de emprego dende a perspectivas das persoas empregadoras, coñecer profesionais do sector de interese, ou coñecer outras alternativas profesionais son algúns dos horizontes que persegue esta iniciativa da USC que se vai consolidando no tempo xa que esta é a súa sétima edición. Clarificar dúbidas sobre a profesión elixida, obter unha perspectiva realista do mundo laboral, obter apoio para a definición do obxectivo profesional e de itinerarios formativos, así como acadar coñecementos específicos e prácticos sobre a profesión do/a mentor/a, e apoio para mellorar e adaptar o perfil profesional ao mercado laboral son outros dos eixos que vertebran o programa.
A sétima edición de Mentoring está dirixida a alumnado de último curso de grao ou máster matriculado no presente curso académico, así como a titulados/as de Máster no curso 2020/2021 ou graduados/as no pasado ano académico.
Escola Galega de Administración Pública
RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2021 pola que se convocan, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro Electrónico na Xunta de Galicia.
As persoas destinatarias destas actividades son:
• O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes públicos instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
• A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración. Cuarta.
Desenvolvemento Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Datas: os martes 16 de novembro e 14 de decembro de 2021.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas cada xornada.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211103/AnuncioO150-281021-0001_gl.pdf