Programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
Nº de prazas: 350.
Obxectivo: favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas con estudos de grao ou de formación profesional. O programa está destinado á mellora das habilidades e competencias, desde a educación non formal, para a busca de emprego, tanto por conta propia como por conta allea. As persoas mozas participantes contarán co contacto dunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego, que lles ofrecerán asesoramento e apoio.
Requisitos persoas destinatarias:
- Ter rematados os estudos universitarios ou de formación profesional nunha universidade ou centro de estudos galego.
- Estar inscritas e ser beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da comunidade autónoma de Galicia no momento de iniciar as accións do programa.
- Ter máis de 18 e menos de 30 anos e 4 meses.
Accións:
Traballo con persoas mentoras: asesoramento e apoio para a busca de emprego, por conta allea ou por conta propia, coa titorización dunha persoa mentora. Cada participante terá, polo menos, 4 reunións co seu mentor ou mentora, de forma presencial ou telemática.
Actividades formativas: de maneira presencial. semipresencial ou en liña, dirixidas a desenvolver habilidades e competencias clave para o futuro desenvolvemento profesional da persoa moza.
Asistencia a eventos e visitas a empresas destinadas a mellorar a empregabilidade e establecer unha rede de contactos (networking).
Seguimento e asesoramento continuado por parte do equipo especializado do programa.
Duración: de setembro a decembro de 2021.
Solicitudes: a inscrición no programa realizarase de xeito telemático a través da seguinte páxina web: https://lnkd.in/dac9fBKV
Prazo: ata o 10/09/2021.
Para máis información sobre o programa:
◾ Web do programa en: https://lnkd.in/d6RUTuHJ
◾ Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Curso: Formación en voluntariado dixital e tecnolóxico.
Data de celebración: 15 de setembro ó 15 de outubro de 2021.
Duración: 25 horas en modalidade online.
Lugar de celebración: Plataforma de formación de Recursos Galicia: https://www.recursosgalicia.es/formacion/
Prezo: De balde. Subvencionado pola Xunta de Galicia.
Nº prazas: 25 prazas.
Destinatarios/as: Responsables de voluntariado e persoas voluntarias en entidades sociais.
Prazo de inscrición: 6 de setembro de 2021. A admisión comunicarase vía e-mail o 8 de setembro.
Máis información: no seguinte hipervínculo consta a ficha de inscrición e a ficha técnica do curso : https://voluntariadogalego.org/axenda/curso-de-formacion-en-voluntariado-dixital-e-tecnoloxico
Ante calquera cuestión, non dubide en poñerse en contacto no teléfono 981 519 650 con: Mónica Martínez (ext. 2014) ou Lucía Seráns (ext.2008)
Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril (códigos de procedemento IF310A, IF310B e IF310C).
Rexeranse polas bases contidas neste anexo:
a) As probas para obter o certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril (código de procedemento IF310A).
b) As probas para renovar o certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril (código de procedemento IF310B).
c) A devolución das taxas de dereitos de exame das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril (código de procedemento IF310C).
Participarán nas probas da modalidade
a) aquelas persoas que aspiren a obter por vez primeira o certificado. Participarán na modalidade
b) aquelas persoas que xa sexan titulares do certificado e precisen renovalo de conformidade coa normativa vixente; en concreto, o dito certificado estará en vigor e dentro do seu último ano de validez o día da realización das probas.
As probas indicadas no punto anterior abranguerán as seguintes especialidades:
a) Todas as clases.
b) Clase 1 (materias e obxectos explosivos).
c) Clase 2 (gases).
d) Clase 7 (materias radioactivas).
e) Clases 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9 (materias sólidas e líquidas contidas na enumeración de cada unha das clases do Acordo europeo para o transporte internacional de mercadorías perigosas por estrada -ADR- e no Regulamento relativo ao transporte internacional por ferrocarril de mercadorías perigosas -RID-).
f) Materias líquidas inflamables cos números de identificación da Organización de Nacións Unidas 1202 (gasóleo), 1203 (gasolina) e 1223 (queroseno).
O prazo de presentación de solicitudes para participar nas probas será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210811/AnuncioG0533-280721-0001_gl.pdf
Requisitos:
- Posuír o título de licenciada/o en Dereito, graduada/o en Dereito ou outro título universitario de grao equivalente ou as certificacións sustitutorias.
As persoas con titulacións de orixe obtidas no estranxeiro necesitarán posuír algún dos títulos de graduada/o mencionados anteriormente, obtidos por convalidación ou coa homologación do título en España ao de licenciada/o en Dereito.
- Ter superados os cursos de formación comprensivos do conxunto de competencias necesarias para o exercicio da profesión da Avogacía, e o período de prácticas externas tuteladas acreditadas.
- Ser maior de idade e non estar inhabilitado para o exercicio da profesión da Avogacía.
As persoas aspirantes deberán cumprir este requisito á data na que se realice a proba.
Solicitudes: por vía telemática, a través da sede electrónica do Ministerio de Xustiza (https://lnkd.in/dMKSNWm), utilizando o sistema Cl@ve.:
https://lnkd.in/d8girxfV
Modalidade: en liña a través da Plataforma AVEX da Uned dispoñible na seguinte ligazón: https://lnkd.in/dXv2V2m .
A proba será única e idéntica para toda España e gratuíta.
Prazo: ata o 26/08/2021.
Máis información:
https://lnkd.in/dnGrZjR5
https://lnkd.in/dHe_6znq
No Vives Emprega Galicia xa teñen en marcha as novas edicións do programa a realizar no segundo semestre do ano.
E importante ter en conta que seguimos co escenario Covid polo que o programa seguirá en modalidade semipresencial-online e poden participar persoas de distintas localidades sin ter que estar empadroados nos concellos que aparecen ahí.
Consulta no cartel adxunto toda a información.