Xa están aquí os novos obradoires smartpeme para comezar o ano!
Lembra que son TOTALMENTE GRATUÍTOS e impulsados pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do seu programa SMARTPEME.
1.- Guía para crear e optimizar a túa páxina web
Cando: Martes 25 de xaneiro de 12:00 a 13:00 horas
2.- Ciberseguridade, contramedidas básicas 2021 II
Cando: Mércores 26 de xaneiro de 12:00 a 13:30 horas
3.- Introdución ao inbound márketing I
Cando: Mércores 26 de xaneiro de 18:00 a 19:00 horas
4.- Planifica os propósitos de 2022: Mellora a túa productividade con Trello e otras aplicación II
Cando: Xoves 27 de xaneiro de 12:00 a 13:00 horas
5.- Infografías: representa a información de maneira visual
Cando: Xoves 27 de xaneiro de 18:00 a 19:00 horas
Tamén podes inscribirte chamando por teléfono ao 886 202 020 ou enviando un correo a info.Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Consellería de Cultura, Educación e Universidade
ORDE do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.
As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade de continuar formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio (ED312C)
Proba de acceso ao grao medio, requisitos das persoas participantes
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para accederen a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de realización da proba.
Proba de acceso ao grao medio, datas e lugares de inscrición A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo I, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2021/22.
O prazo de presentación estará abranguido entre os días 3 e 16 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior (ED312D)
Proba de acceso ao grao superior, requisitos das persoas participantes
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.
Proba de acceso ao grao superior, datas e lugares de inscrición A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo II, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2021/22.
O prazo de presentación estará abranguido entre os días 31 de xaneiro e 11 de febreiro de 2022, ambos os dous incluídos.
INFORMACIÓN COMPLETA: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220112/AnuncioG0598-171221-0001_gl.pdf
Consellería de Cultura, Educación e Universidade
ORDE do 22 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2022, co obxecto de coñecer a lingua dese país (código de procedemento ED416A).
Período e dotación da axuda
1. As actividades para as cales se solicita a axuda terán que ser realizadas presencialmente no período comprendido, exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2022, ambos incluídos.
2. A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1.000 euros.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado no curso 2021/22, como mínimo en 50 créditos, excluídos os recoñecidos, validados ou adaptados, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos con data do 30 de setembro de 2021, excluídos tamén os recoñecidos, validados ou adaptados. O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.
b) O curso de idiomas debe ser presencial, ter unha duración mínima de tres semanas, excluídas as datas da viaxe, e un mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberase corresponder co idioma oficial do país elixido.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 14 de marzo de 2022.
Toda a información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220110/AnuncioG0598-251121-0007_gl.pdf
Con certificado de profesionalidade de Organización do transporte e a distribución que está 100% subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade dá Xunta de Galicia e ou Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Esta formación é gratuíta polo que, non supón ningún custo económico para as persoas participantes na formación, e poden acceder a ela todas as persoas desempregadas da comunidade de Galicia.
Impártense de maneira presencial en aulas situadas en Vigo, inclúe prácticas non laborables en empresas ao finalizar con éxito os módulos teóricos.
Este certificado terá inicio o 28 de decembro, as prazas son limitadas e a inscrición se atopa aberta. Para solicitar praza e/ou consultar máis detalles: https://www.google.com/url?q=https://www.cursosfemxa.es/cursos-xunta&source=gmail&ust=1640340964127000&usg=AOvVaw30lLfLJbmRQF3Yhs5E8wfL">https://www.cursosfemxa.es/cursos-xunta
Para calquera consulta ou dúbida está ao dispor das persoas interesadas o teléfono gratuíto: 900 100 957 e o correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.