Consellería de Emprego e Igualdade
ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2022 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (código de procedemento TR305A).
Cun total de 460 prazas nas unidades de competencia que se indican no anexo I e cun total de 1.600 unidades de competencia nas seguintes cualificacións profesionais:
– Vixilancia e seguridade privada (SEA029_2): 240 prazas, nas seguintes unidades de competencia:
• UC0080_2. Efectuar a vixilancia e protección de bens e persoas en espazos delimitados e do transporte de fondos e obxectos valiosos.
• UC0081_2. Efectuar o acompañamento, defensa e protección de persoas ou grupos concretos.
• UC0082_2. Efectuar a vixilancia e protección de fábricas, depósitos e transporte de explosivos, armas, cartucharía e substancias perigosas.
– Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes (SAN122_2): 170 prazas, nas seguintes unidades de competencia:
• UC0360_2. Colaborar na organización e no desenvolvemento da loxística sanitaria en escenarios con múltiples vítimas e catástrofes, asegurando o abastecemento e a xestión de recursos e apoiando os labores de coordinación en situacións de crise.
• UC0361_2. Prestar atención sanitaria inicial a múltiples vítimas.
• UC0362_2. Colaborar na preparación e na execución de plans de emerxencias e de dispositivos de risco previsible.
• UC0072_2. Aplicar técnicas de apoio psicolóxico e social en situacións de crise.
– Amarre de porto e monoboias ( MAP404_1) e unha unidade de competencia UC0010_1: 50 prazas, nas seguintes unidades de competencia:
• UC1308_1. Realizar as operacións de amarre e desamarre de buques en porto.
• UC1309_1. Realizar as operacións de amarre, conexión/desconexión de mangueiras e desamarre de buques a monoboias.
• UC0733_1. Actuar en emerxencias marítimas e aplicar as normas de seguridade no traballo.
• UC0010_1. Contribuír ás operacións de cuberta nunha embarcación pesqueira.
O prazo de inscrición será de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220126/AnuncioG0599-301221-0005_gl.pdf
Se precisas máis información podes contactar co departamento de orientación laboral do Concello da Estrada chamando ao teléfono 986 677 788
EURES e CEBE Bélxica organizan o evento 'Job search for science & tech professionals in 🇪🇸 and 🇧🇪', unha xornada informativa en liña para científicos interesados nunha mellora profesional.
Data: 27 de xaneiro
Hora: 10:00 horas
CURSO OFICIAL E GRATUÍTO DA XUNTA PARA O SECTOR FORESTAL PUNTUABLE PARA OPOSICIÓNS E PROCESOS SELECTIVOS DO SECTOR
LUGAR DE IMPARTICIÓN: Centro de formación ocupacional “A Ran”, CUNTIS
TEMPORALIZACIÓN: Dende o 07 de febreiro ata o 29 abril
HORARIO: De 08.45 a 13.45
PRÁCTICAS EN EMPRESAS DA ZONA: SI
REQUISITOS: Estar inscritos/as como demandantes de emprego na oficina de emprego
ÚLTIMAS PRAZAS DISPOÑIBLES; PRAZO PARA INSCRIBIRSE: ATA O 3 DE FEBREIRO
TODAS AS PERSOAS INTERESADAS NO CURSO OU BEN QUEIRAN SOLICITAR MÁIS INFORMACIÓN, PODEN CHAMAR AO 986 548 708 OU 986 532 57
25 PRAZAS
Requisitos mínimos
-Idioma: Bilingüe Español/Galego
- Proba de mecanografía: 150 pulsacións/minuto
- Uso frecuente das ferramentas ofimáticas Windows
Requisitos desexados
- Experiencia en servizo de Atención ao cliente.
- Valorásese Ínguas fluído
Contacta a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono +34 986 446 300
https://cepformacionyempleo.com/curso/52/ingles-profesional-para-o-turismo/cursos-gratuitos
Xa están aquí os novos obradoires smartpeme para comezar o ano!
Lembra que son TOTALMENTE GRATUÍTOS e impulsados pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do seu programa SMARTPEME.
1.- Guía para crear e optimizar a túa páxina web
Cando: Martes 25 de xaneiro de 12:00 a 13:00 horas
2.- Ciberseguridade, contramedidas básicas 2021 II
Cando: Mércores 26 de xaneiro de 12:00 a 13:30 horas
3.- Introdución ao inbound márketing I
Cando: Mércores 26 de xaneiro de 18:00 a 19:00 horas
4.- Planifica os propósitos de 2022: Mellora a túa productividade con Trello e otras aplicación II
Cando: Xoves 27 de xaneiro de 12:00 a 13:00 horas
5.- Infografías: representa a información de maneira visual
Cando: Xoves 27 de xaneiro de 18:00 a 19:00 horas
Tamén podes inscribirte chamando por teléfono ao 886 202 020 ou enviando un correo a info.Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.