on 17 Outubro 2023

Ciberseguridade, como facer un contrasinal seguro

Cando: Luns 23 de outubro de 10:30 a 11:30 horas

Inscríbete

Motores de reservas para empresas turísticas

Cando: Miércoles 25 de outubro de 11:00 a 12:00 horas

Inscríbete

CHAT GPT e Stable Diffusion, aprende o seu funcionamento V

Cando: Xoves 26 de outubro de 12:00 a 13:00 horas

Inscríbete

on 09 Outubro 2023

DINAMIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EDUCATIVO INFANTIL E XUVENIL (SSCB0209), conducente á obtención do Certificado de profesionalidade de nivel 2

A través de este curso, os alumno/as obterán a titulación requirida para exercer as ocupacións de MONITOR DE EDUCACIÓN NO TEMPO LIBRE INFANTIL E XUVENIL, MONITORES DE CAMPAMENTOS, ABERGUES XUVENIÍS, COLONIAS, GRANXAS-ESCOLA, AULAS E ESCOLAS DE NATUREZA E MONITORES NO MARCO ESCOLAR.

Trátase de un curso 100% subvencionado, no que teñen prioridade as persoas en situación de desemprego e que cumpran os requisitos de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2.

O lugar de realización será en COESCO SLU, centro situado na Rúa San Paio 21 – Baixo. A Estrada.

O inicio está previsto para finais de novembro, prolongándose a súa duración ata a finais de febreiro do 2024.

En total son 328 horas de duración, entre os módulos propios do curso, o módulo de prácticas en servizo de intervención no tempo libre infantil e xuvenil, e os módulos transversais.

Aquelas persoas que estean interesadas ou queiran mais información, poden contactar con nós nos teléfonos 986 57 20 25, no 667 703 711, a través do mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou de forma presencial no noso centro.

 
 
on 09 Outubro 2023

ATENCIÓN SOCIOSANITARIA  A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS (SSCS0208), conducente á obtención do Certificado de profesionalidade de nivel 2

A través deste curso, os alumno/as obterán a titulación requirida para exercer as ocupacións de xerocultor e coidador en residencias e centros de persoas dependentes.

Trátase de un curso 100% subvencionado, no que teñen prioridade as persoas en situación de desemprego e que cumpran os requisitos de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2.

O lugar de realización será en COESCO SLU, centro situado na Rúa San Paio 21 – Baixo. A Estrada.

O inicio está previsto para principios de novembro, prolongándose a súa duración ata a primeira quincena de marzo.

En total son 468 horas de duración, entre os módulos propios do curso, o módulo de prácticas en residencias e os transversais.

Aquelas persoas que estean interesadas ou queiran mais información, poden contactar con nós nos teléfonos 986 57 20 25, no 667 703 711, a través do mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou de forma presencial no noso centro.

 
 
on 06 Outubro 2023

O vindeiro 28 de outubro a Hospedería de San Martin Pinario, en Santiago de Compostela,  acollerá o 1º Encontro de persoas voluntarias; unha xuntanza na que queremos coñecer a verdadeira fórmula da solidariedade!

Dinámicas, foros e mesmo unha xincana solidaria van ser as protagonistas deste día no que queremos contar coa túa participación para levar o espírito voluntario por todo o noso Movemento Asociativo. Preme nesta ligazón e descarga o programa ao completo. 

PRAZOS E PERSOAS DESTINATARIAS

Este encontro está dirixido a todas as persoas voluntarias e responsables de voluntariado das nosas entidades, pero tamén a aquelas persoas interesadas en facer voluntariado pero que aínda non se animaron a dar o paso. 

O prazo de inscricións estará aberto ata o vindeiro 20 de outubro. Podedes acceder ao formulario de participación seguindo esta ligazón.

on 05 Outubro 2023

Previsión de accións formativas 2023-2024 dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas da comunidade autónoma de Galicia

 

Ligazón: https://emprego.xunta.gal/portal/portal/Demandantes/Galego/Documentos/2023-10_aaff_previstas_impartir%20afd%202023_2024_galicia.pdf

on 04 Outubro 2023

Forma-tec inicia actividades formativas con certificados profesionais para persoas en procura activa de emprego (Padrón).

 

2023/004414 COMT0112 ACTIVIDADES DE XESTIÓN DO PEQUENO COMERCIO

20/10/2023 - 10/04/2024 15:00-20:00

https://emprego.xunta.es/diplos/curso/?accion=2023/004414-01

 

2023/003443 COML0210 XESTIÓN E CONTROL DO APROVISIONAMENTO

23/10/2023 - 15/03/2023 9:00–14:00

https://emprego.xunta.es/diplos/curso/?accion=2023/003443-01

 

2023/004383 COMT0211 ACTIVIDADES AUXILIARES DE COMERCIO

23/10/2023 - 26/01/2024 9:00–14:00

https://emprego.xunta.es/diplos/curso/?accion=2023/004383-01

 

2023/004395 COMT0110: ATENCIÓN AO CLIENTE, CONSUMIDOR OU USUARIO

06/11/2023 - 08/04/2024 15:00-20:00

https://emprego.xunta.es/diplos/curso/?accion=2023/004395-01