on 04 Xullo 2023

As clases gratuítas presenciais para persoas desempregadas que impartirán profesores en prácticas do Curso CELTA de Cambridge do Centro Británico de Santiago de Compostela no mes de agosto.

Características:

Clases de inglés presenciais GRATUÍTAS impartidas por profesores en prácticas do curso CELTA de Cambridge, o certificado de ensino en inglés máis recoñecido internacionalmente. Imprescindible a ASISTENCIA a clase durante todo o curso.

As prazas son limitadas.

Os/as interesados/as deben contactar antes do 26 de xullo co Centro Británico chamando ao 981 59 74 90 ou ben informándose nas oficinas de Santiago.

Deste xeito indicaráselles cando poden realizar a proba de nivel oral.

A selección farase tendo en conta a orde de inscrición así como o nivel de inglés esixido para a realización do curso.

No caso de ser seleccionado/a poñeranse en contacto para indicar horarios e realizar a inscrición, momento en que se faría entrega do certificado da Oficina de Desemprego que acredite a situación actual de desemprego. Entregarase, baixo petición, certificado de asistencia ao curso do Centro Británico.

 

Persoas interesadas contactar no teléfono:  981 597 490 

De maneira presencial: EL CENTRO BRITANICO IDIOMAS S.L., Ramón Cabanillas 10-12 Bajo, 15701 Santiago de Compostela

 
on 04 Xullo 2023

A oferta inclúe tanto ciclos de grao medio como superior.

FORMACIÓN OFERTADA: 

MATEMENTO ELECTRÓNICOMATEMENTO ELECTRÓNICO

CONSTRUCIÓNS METÁLICAS

DESEÑO E AMOBLAMENTO

MECATRÓNICA INDUSTRIAL(E OFERTA PARCIAL DEAUTOMATIZACIÓN E ROBÓTICAINDUSTRIAL)

LABORATORIO DE ANÁLISE ECONTROL DE CALIDADE

AUTOMOCIÓN

ELÉCTRICAS E AUTOMÁTICAS (e OFERTA PARCIAL DEINSTALACION e AMOBLAMENTO)

PROCESAMENTO ETRANSFORMACIÓN DA MADEIRA( e OFERTA PARCIAL deOPERACIÓNS DE LABORATORIO)

CARPINTERÍA E MOBLE

REDES E ESTACIÓNS DETRATAMENTO DE AUGA

SOLDADURA e CALDARERÍA

Todos eles combinan o traballo en empresas.

 

Toda a información: https://www.edu.xunta.gal/fp/fpdual-convocatoria-2023

on 28 Xuño 2023

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril (códigos de procedemento IF310A, IF310B e IF310C)

As probas indicadas no punto anterior abranguerán as seguintes especialidades:

a) Todas as clases.

b) Clase 1 (materias e obxectos explosivos).

c) Clase 2 (gases).

d) Clase 7 (materias radioactivas).

e) Clases 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9 (materias sólidas e líquidas contidas na enumeración de cada unha das clases do Acordo europeo para o transporte internacional de mercadorías perigosas por estrada (ADR) e no Regulamento relativo ao transporte internacional por ferrocarril de mercadorías perigosas (RID).

f) Materias líquidas inflamables cos números de identificación da Organización de Nacións Unidas 1202 (gasóleo), 1203 (gasolina) e 1223 (queroseno).

O prazo de presentación de solicitudes para participar nas probas será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230628/AnuncioG0533-160623-0001_gl.pdf

on 22 Xuño 2023

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá dende o día 3 ata o 14 de xullo de 2023, para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro-decembro); e dende o 13 ata o 24 de novembro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230622/AnuncioG0655-140623-0001_gl.pdf

on 20 Xuño 2023
A EOI na Estrada informarche de que o prazo de preinscrición para aprender inglés na Estrada abre o vindeiro luns 26 de xuño. Hai ata o 6 de xullo para facer a preinscrición na ligazón abaixo:
As Escolas Oficiais de Idiomas emiten certificados recoñecidos en todo o territorio español e aceptados como méritos en procesos de oposicións, etc.
 
Forman ás persoas para que poidan falar e escribir inglés en todos os contextos, unha habilidade cada vez máis importante nesta sociedade.
 
 
on 16 Xuño 2023

FORMACIÓN GRATUÍTA

DIRIXIDA A PERSOAS CON DISCAPACIDADE OU EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

MODALIDADE: EN LIÑA

DURACIÓN: 6 HORAS

INICIO: 05/07/2023- 07/07/2023

INSCRICIÓNS:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Teléfono: 636 973 517/ 722 386 025