CONCELLERIA DE XUVENTUDE CONVOCA UNHA NOVA EDICIÓN DOS CAMPAMENTOS DIXITAIS PARA ESTE VERÁN

25. 06. 12

A Concellería de Xuventude do Concello da Estrada en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, por en marcha unha nova edición dos CAMPAMENTOS DIXITAIS para este verán

Campamento Dixital é un programa de actividades extraescolares, en competencias dixitais, gratuítas para nenos, nenas e adolescentes de 9 a 17 anos.

Son sesións de 30 horas de formación gratuíta máis actividades complementarias en liña guiadas, polas tardes.

A pasada edición foi un éxito, e máis de 15 rapaces se beneficiaron destas actividades extraescolares.

Nesta nova edición abrimos novamente cos dous grupos de participantes:

Curso: Campamento Dixital- L.1.1 
Liña de acción: Liña 1.1 (9 a 13 anos)
Programación: Do 30 de Xuño ao 11 de xullo
Horario: De 10:00 a 13:00 horas
Modalidade: Presencial.
 
Curso: Campamento Dixital- L.2 
Liña de acción: Liña 2 (14 a 17 anos)
Programación: Do 14  ao 25 de xullo
Horario: De 10:00 a 13:00 horas
Modalidade: Presencial.
 
 
 
Dirección: Avenida Benito Vigo, 94 1º (Aula Cemit) - 36680 A Estrada (Pontevedra)

O Concello da Estrada busca con estas actividades facilitar a conciliación das familias estradenses á vez que se forme a nosa rapazada en competencias dixitais, algo básico actualmente.

As persoas interesadas en inscribirse deben poñerse en contacto co departamento de xuventude do Concello da Estrada, deben enviar un correo electrónico ao enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando o nome e apelidos e data de nacemento do menor; os datos persoais do/a titor/a legal do mesmo e un teléfono de contacto.

Se precisas máis información chámanos ao teléfono 986 677 740 en horario de 9.00 a 14.00 horas