XUNTA DE GALICIA PON EN MARCHA OS PROGRAMAS DUAIS DE EMPREGO PARA PERSOAS MOZAS INSCRITAS EN GARANTÍA XUVENIL

21. 06. 30

Consellería de Emprego e Igualdade

Programas Duais de Emprego para Persoas Mozas inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

 Finalidade: Mellorar a Ocupabilidade, a Cualificación e a Inserción Profesional das Persoas Mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

 Infórmate na túa Oficina de Emprego. Pide cita previa aquí: https://emprego.xunta.es/citaprevia/

 Ademais, se estás interesado/a na inscrición dos Programas Duais de Emprego para Persoas Mozas, a inscrición deberala facer na túa Oficina de Emprego, para poder entrar na Selección de Persoal.

Non esquezas que previamente deberás de estar inscrito/a no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Incríbete aquí: https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action

Realización de Contratos para a Formación e Aprendizaxe, sendo a entidade promotora quen os suscriba.

A Xunta de Galicia subvencionará o 100 % do salario mínimo interprofesional, incluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. Así mesmo, tamén subvencionará a totalidade das cotas por conta da persoa empregadora correspondentes á seguridade social, fondo de garantía salarial e desemprego previstas para os ditos contratos na súa normativa específica.

Promoverase a inserción laboral de todas as persoas participantes nos programas de emprego que rematen con resultado de apto/a, mediante unha futura convocatoria de incentivos á contratación por conta allea durante un mínimo de 6 meses a xornada completa, en empresas para ocupacións do ámbito das materias impartidas e no ámbito territorial de Galicia.

Información sobre os Programas Duais de Emprego (onde atoparás tamén a listaxe das entidades promotoras que realizarán estes programas) : https://lnkd.in/dNiifBe