O CONCELLO DA ESTRADA PON EN MARCHA O OBRADOIRO DE EMPREGO DE GARANTÍA XUVENIL”A ESTRADA 2021”

21. 07. 07

A Consellería de Emprego e Igualdade ven de conceder unha subvención para a realización do proxecto do Obradoiro de Emprego de garantía xuvenil “A ESTRADA 2021”, que empregará e formará a 16 alumnos/as traballadores/as nas especialidades de carpintería e xardiñería/forestal, durante un período de 12 meses. Está previsto que de comezo no mes de agosto.

O obxectivo deste Obradoiro de emprego é realizar ACTUACIÓNS DE MELLORA NA PRAIA FLUVIAL E A SÚA CONTORNA.
Este Programa de emprego está
dirixido a persoas mozas, maiores de 16 anos e menores de 30, incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

As persoas candidatas deberán estar inscritas como demandantes de emprego na Oficina Pública de Emprego de Galicia nalgún dos seguintes servizos:

- 320 Escola taller programa

- 330 Casa de Oficio

- 340 Taller de emprego

- 370 Outros programas de emprego formación dual

As prazas de alumnos-traballadores que se convocan son:

8-Prazas para a especialidades de TRABALLOS DE CARPINTERÍA E MOBLE, MECANIZADO DE MADEIRA E DERIVADOS, APLICACIÓN DE VERNICES E LACAS EN ELEMENTOS DE CARPINTERIA E MOBLE - Nivel 2.

8-Prazas no ámbito FORESTAL/XARDINERÍA para a especialidade de ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES, ACTIVIDADES AUXILIARES EN APROVEITAMENTOS FORESTAIS, ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDINS E CENTROS DE XARDINERÍA -Nivel 1.

a) REQUISITOS XERAIS:

1. Preferencia aqueles/as aspirantes que non teñan participado noutro obradoiro de emprego.

2. Posuír a capacidade funcional así como a capacidade física para o normal aprendizaxe das ensinanzas a impartir con ocasión do desenvolvemento do proxecto formativo.

3. Adaptabilidade á oferta dos postos que se van desempeñar.

b) REQUISITOS MÍNIMOS:

1. Persoas mozas de dezaoito ou máis anos que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente no momento da selección do alumnado, inscritas e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Ademais deberán manter o cumprimento dos requisitos exixidos na Lei 18/2014 modificada polo Real Decreto-lei 6/2016 do 23 de decembro, con carácter previo a participar nos obradoiros de emprego.

2.Cumprir os requisitos establecidos na normativa reguladora do contrato para a formación e aprendizaxe, co obxecto de ter vinculación mediante un contrato de tales características ao obradoiro de emprego, desde a súa incorporación ao proxecto, en aplicación do previsto no artigo 11.2 e na disposición adicional segunda do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

3. Cando a formación a impartir no proxecto vaia dirixida á obtención de certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 ou 3, as persoas candidatas deberán cumprir os requisitos de acceso sinalados nos reais decretos que regulan os ditos certificados. NOTA: Terán prioridade absoluta as mulleres vítimas de violencia doméstica, incorporadas e beneficiarias do programa de fomento de inserción laboral de mulleres vítimas de violencia, debidamente xustificada (Orde do 2 de maio de 2006-DOG do 10 de maio de 2006).

- SISTEMA DE ADMISIÓN: OFERTA DE EMPREGO TRAMITADA Á OFICINA DE EMPREGO.

1. A OFERTA DE EMPREGO, tramitada pola entidade promotora do proxecto de obradoiro na oficina de emprego correspondente por razón de domicilio, a partir do vindeiro 07/07/2021.

a) ÁMBITO XEOGRÁFICO: Concello da Estrada. De non atoparse candidatos suficientes (tres por posto), ampliarase a sondaxe, cos mesmos requisitos, aos concellos limítrofes, dando prioridade a aqueles concellos que non teñan proxectos de obradoiros de emprego.

b) REQUISITOS ALUMNOS: os requisitos establecidos na base cuarta.

c) Número de candidatos a remitir: 3 por posto, cun nivel profesional de PEÓN, AXUDANTE OU OFICIAL DE 3ª.

Bases: https://www.aestrada.gal/images/stories/pdfs/contratacion_persoal/2021/BASES_ALUMNOS_OE_.pdf

NOTA IMPORTANTE: Todas as persoas interesadas ademáis de estar inscritas como demandantes de emprego nos servizos que sinalamos arriba, deben ESTAR INSCRITAS NO SISTEMA DO FICHEIRO NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL NO ÁMBITO DA CCAA DE GALICIA:

Podes inscribirte aquí: https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action

Tes toda a información sobre as demáis formas de inscrición aquí: http://garantiaxuvenil.fondoseuropeos.gal/gaxuve/area-mocidade

SE TES DIFICULTADES PARA INSCRIBIRTE, desde o departamento de emprego do Concello da Estrada botámosche unha man! estamos no primeiro andar da casa consistorial, podes chamarnos ao teléfono 986 677 740.