DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA: BASES DO PROGRAMA DE FOMENTO DA EMPREGABILIDADE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA “O TEU PRIMEIRO EMPREGO” EN EMPRESAS E CORPORACIÓNS SECTORIAIS 2021

21. 06. 18

Estas bases teñen por obxecto regular o procedemento de selección das persoas beneficiarias das subvencións destinadas á contratación laboral en prácticas de persoas tituladas universitarias e de formación profesional de ciclo superior co fin de poder adquirir a práctica profesional adecuada ao nivel de estudos cursados e facilitar a súa inserción no mercado laboral.

As contratacións laborais en prácticas que se deriven realizaranse entre as entidades colaboradoras seleccionadas (respecto ás titulacións que saian na listaxe definitiva) e as persoas tituladas universitarias e de formación profesional de ciclos superiores que cumpran as condicións establecidas.

O Servizo de Promoción do Emprego e Desenvolvemento Local será o encargado de levar a cabo a selección mediante a publicación da presente convocatoria pública, á cal se poderán presentar aquelas persoas que posúan algunha das titulacións indicadas no Anexo I (só as titulacións definitivas solicitadas polas entidades beneficiarias) e que cumpran as condicións establecidas nestas bases.

As solicitudes realizarse preferentemente a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Opcionalmente, tamén poderán ser presentadas as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no BOPPO.

As persoas seleccionadas serán beneficiarias dunha contratación en prácticas a tempo completo pola entidade colaboradora, de acordo coa normativa vixente e tendo en conta que, en todo caso, os contratos deberán formalizarse dentro do prazo establecido na base 12.
Ás persoas seleccionadas enviaráselles un SMS para que no prazo máximo de 3 días hábiles a contar dende o día seguinte á recepción do SMS fagan a elección de destino.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/06/18/2021033087