DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA: BASES DE SELECCIÓN DAS PERSOAS BENEFICIARIAS DO PROGRAMA DE FOMENTO DA EMPREGABILIDADE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA “O TEU PRIMEIRO EMPREGO” ORGANIZACIÓNS NON GOBERNAMENTAIS 2021

21. 06. 18

Estas bases teñen por obxecto regular o procedemento de selección das persoas beneficiarias das subvencións destinadas á contratación laboral en prácticas de persoas tituladas universitarias e de formación profesional de ciclo superior co fin de poder adquirir a práctica profesional adecuada ao nivel de estudos cursados e facilitar a súa inserción no mercado laboral.

O Servizo de Promoción do Emprego e Desenvolvemento Local será o encargado de levar a cabo a selección mediante a publicación da presente convocatoria pública, á cal se poderán presentar aquelas persoas que posúan algunha das titulacións indicadas no Anexo I (só as titulacións definitivas solicitadas polas entidades beneficiarias e que cumpran as condicións establecidas nestas bases.

As solicitudes realizarse preferentemente a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Opcionalmente, tamén poderán ser presentadas as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no BOPPO.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/06/18/2021033014