CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA FOMENTAR O EMPRENDEMENTO DAS PERSOAS MOZAS INSCRITAS EN GARANTÍA XUVENIL

21. 06. 17

Beneficiarios/as
Poderán ser beneficiarios e beneficiarias desta convocatoria os/as mozos/as de mais de dezaseis anos e menores de trinta, que cumpran cos requisitos recolleitos na Lei 18/2014, do 15 de outubro, para beneficiarse dunha acción derivada do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, con residencia en España.

Obxecto
O obxecto da convocatoria é a concesión de subvencións para o fomento do emprendemento de mozos/as de máis de dezaseis anos e menores de trinta anos, co fin de que as persoas mozas que non teñan ningunha ocupación laboral nin se atopen estudando ou realizando algún ciclo formativo regrado, inscritos no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil poidan iniciar un proxecto emprendedor e xerar autoemprego. As actividades obxecto de axuda serán o inicio da actividade emprendedora e os gastos necesarios para o desenvolvemento da mesma, durante o período subvencionable.

Actividade obxecto de axuda e duración
As actividades obxecto de axuda serán o inicio da actividade emprendedora e os gastos necesarios para o desenvolvemento da mesma, durante o período subvencionable. Para que a actividade sexa subvencionable, o período subvencionable son os 6 meses seguintes desde o inicio formal da actividade de emprendemento. Considérase inicio formal da actividade o momento no que o beneficiario ou a beneficiaria estea dado de alta no Imposto de Actividades Económicas (IAE)e alta na Seguridade social no réxime necesario para o desenvolvemento da mesma. Para estes efectos, será necesario que o inicio formal da actividade por parte da persoa beneficiaria realícese no prazo máximo de sesenta días a contar desde o día seguinte á recepción da notificación de resolución de outorgamento da subvención.

Contía da axuda: 

Ata un máximo de tres mil euros (3.000,00 €). Esta cantidade non poderá superar o 75 % do importe dos gastos subvencionables.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no BOE.

As solicitudes dirixiranse á Fundación EOI. A formalización e presentación das solicitudes e a documentación realizarase por vía telemática cumprimentando o formulario de solicitude publicado na web da Fundación EOI. aquí

https://boe.es/boe/dias/2021/06/16/pdfs/BOE-B-2021-29798.pdf