FUNDACIÓN SEPI CONVOCA AS BOLSAS DE INICIACIÓN Á EMPRESA CON PRÁCTICAS REMUNERADAS

22. 02. 18

A formación práctica realízase por un período de seis meses, con posibilidade de prórroga ata doce, en centros das empresas ou entidades participantes.

As prácticas darán comezo o 1 de maio de 2022.

Dotación económica
 
Os/as candidatos/as elixidos/as percibirán unha asignación económica mensual de 885 euros, no caso de que sexan titulados/as universitarios/as, e de 800 euros para Técnicos/as Superiores de Formación Profesional.
 
Se as bolsas se levan a cabo no estranxeiro, esta asignación económica poderase ver incrementada nun importe para determinar pola empresa ou institución colaboradora, tenndo en conta o país de destino.
 
Requisitos das Bolsas SEPI
 
As bolsas SEPI de Iniciación á Empresa diríxense a mozas sen experiencia laboral que nacesen despois do 30 de abril de 1992.
 
Ademais, deben terminar os seus estudos universitarios ou de FP Superior con posterioridade ao 31 de decembro de 2019 no momento de realizar a entrevista persoal que se realizará de forma telemática.
 
Así mesmo, poderán presentarse estudantes de Enxeñería Superior ou máster que aprobasen todas as materias, a excepción do proxecto fin de carreira.
 
O prazo de envío de solicitudes permanece aberto ata o luns 14 de marzo.