ICEX CONVOCA AS BOLSAS DE INTERNACIONALIZACIÓN EMPRESARIAL 2022

22. 02. 22
A presente Resolución ten por obxecto a convocatoria das Bolsas de Internacionalización Empresarial de ICEX a persoas físicas con nacionalidade dalgún dos Estados membros da Unión Europea, a fin de realizar un Máster universitario en Xestión Internacional da Empresa ( MBA in International Management) (Fase 0), prácticas na rede de Oficinas Económicas e Comerciais de España no exterior (Fase I), así como en empresas, entidades ou organismos internacionais dos que España é membro (Fase II).
 
A finalidade última será a da inserción laboral dos bolseiros e bolseiras ofrecéndolles oportunidades profesionais e axudándolles a conseguir empregos estables, cualificados e de calidade.
 
Requisitos das persoas solicitantes
Nacionalidade. Estar en posesión da nacionalidade dalgún dos Estados membros da Unión Europea.
Idade. Nacer a partir de 1 de xaneiro de 1994.
Titulación. Estar en posesión dunha titulación universitaria superior de grao e que permita o acceso aos estudos oficiais de Máster Universitario de acordo co establecido no Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización dos ensinos universitarios e do procedemento de aseguramento da súa calidade:
 
1.-. Título universitario oficial de Graduada ou Graduado español;
2.-. Títulos procedentes de sistemas educativos que non formen parte do EEES, que equivallan ao título de Grao.
 
Así mesmo, é imprescindible acreditar un mínimo de 240 ECTS en todos os casos.Non obstante o sinalado no primeiro parágrafo deste punto, a titulación pódese obter e acreditar ata a finalización do procedemento de selección.
 
Idiomas.  Acreditar posuír un coñecemento avanzado de inglés.
Non ser beneficiario ou beneficiaria destas bolsas en edicións anteriores salvo que renunciase á bolsa con anterioridade ao comezo efectivo do Máster.
Non gozar doutras axudas para a mesma finalidade do Programa de Bolsas de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional da Unión Europea ou de Organismos Internacionais no últimos tres anos.
Non padecer enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible coa realización das actividades que constitúen o obxecto da subvención.
Non ter antecedentes penais nin estar incurso ou incursa en causa penal con medidas cautelares que puidesen impedir o normal desenvolvemento da bolsa, en tanto se emite sentenza firme.
 
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 14 de marzo ata o 7 de abril de 2022 ás 14:00 (GMT Madrid).