DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA A II EDICIÓN DO PROGRAMA “DESCÚBREAS”

22. 02. 17

Constitúe o obxecto destas bases regular o procedemento de selección das oito rapazas participantes no programa de mentoría na segunda edición do programa “Descúbreas”, que ten por finalidade favorecer que as rapazas da provincia de Pontevedra con inquietudes musicais adquiran coñecementos para proxectar as súas carreiras no mundo da música e incidir de forma directa na súa participación e promoción na escena musical.

“Descúbreas” é un programa de apoio e posta en marcha de propostas musicais de nenas e mozas de entre 16 e 30 anos da provincia de Pontevedra, en colaboración con profesionais do sector, escolas e produtoras.

As oito participantes seleccionadas participarán nun proceso de mentoría titorizado por persoal especializado do programa “Descúbreas”, cunha duración estimada de catro (4) meses, e terán acceso a:

— Un itinerario individualizado en función das características de cada alumna. Nel detallaranse as sesións de mentoría, das que se fará un seguimento pormenorizado

— A gravación dunha canción propia en estudio

— A gravación e realización dun vídeo musical propio

As bolsas teñen un valor estimado de 1.000 € cada unha.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria e extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na Base Nacional de Subvencións.

Toda a información: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/02/17/2022007633