CARACTERÍSTICAS DA FORMACIÓN:
- Curso 100% gratuíto, cofinanciado pola Consellería de Promoción ao emprego e o Ministerio de Educación
- Certificado oficial que habilita para o desempeño da ocupación de Monitor no eido escolar (comedor, transporte escolar, actividades extraescolares, actividades de conciliación,...), ludotecas, campamentos oficiais, granxas escolas, aulas de natureza, etc., con validez en todo o territorio nacional.
- Posibilidade de solicitar axudas/bolsas para a formación, para aqueles alumnos en situación de desemprego.
REQUISITOS
- Reunir os requisitos mínimos de formación para acceder aos certificados profesionais de nivel 2, que son:
o Ter a ESO.
o Ter a FP básica.
o Ter a proba de acceso aos ciclos medios ou a universidade superada.
o Ter un certificado de nivel 1 da mesma familia, ou un certificado de nivel 2 de calquera familia e área profesional.
o Ou ter superadas as competencias básicas de matemáticas, lingua castelá e lingua galega.
- Preferencia para persoas traballadoras en situación de desemprego.
- Prazas para persoas traballadoras en activo.
DATOS DO CURSO
- DATAS formación módulos teóricos: do 15/05/2024 ao 01/07/2024 (do 26 ao 28 non lectivo por festividade local)
o Horario: de 15:30 a 20:30
- DATAS módulo teórico: do 2/7/2024 ao 16/8/2024
o Horario variable, segundo posibilidade dos centros de prácticas. En función dos horarios realizados, as datas do período de prácticas podería reducirse
- MODULOS TRANSVERSAIS: Módulo de inserción laboral e Módulo de Formación para a igualdade:
o Datas: 19/8/24 ao 22/8/24
o Horario: 15:30 a 20:30
Aberto o prazo de inscrición
+ INFO ou INSCRIPCIÓN en:
☎️ 𝟵𝟴𝟲 𝟱𝟳𝟮 𝟬𝟮𝟱 - 📲 𝟲𝟲𝟳 𝟳𝟬𝟯 𝟳𝟭𝟭
📧 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
⛳️ Rúa San Paio 21, A Estrada
ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA
RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2024 pola que se convocan dúas edicións do curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais, destinado ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Destinatarios/as
Persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Solicitudes
O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp http://agasp. non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.
O prazo de inscrición será ata o 26 de abril de 2024 a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240417/AnuncioO3C2-100424-0001_gl.pdf
Ciberseguridade, o que non se ve da navegación en Internet
Cando: Luns, 15 de abril de 10:30 a 11:00
Programación con Arduino Modulo I – Parte I
Cando: Xoves, 18 de abtil de 10:30 a 13:30
Para consultar todos os eventos da rede: https://smartpeme.depo.gal/gl/eventos?_mrMailingList=41&_mrSubscriber=4827
Tamén podes inscribirte chamando por teléfono ao 886 202 020 ou enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Dirixido a persoas en situación de desemprego inscritas como demandantes no Servizo Público de Emprego de Galicia,
Data de inicio: 14/05/2024
Data de fin: 08/07/2024
horario: de 9.00 a 14.00 horas
Enderezo: Polígono do Tambre- Santiago
CURSO TOTALMENTE GRATUÍTO
Persoas interesadas inscribirse no enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono: 650 677 437
O Concello de Cuntis vai impartir un curso de:
“ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS”
Este curso iniciarase o día 5 de maio de 2024 en horario de mañá de luns a venres, e aínda quedan prazas dispoñibles.
As persoas que estean interesadas en participar neste curso, poden achegarse ao Centro de Formación Ocupacional “A Ran” no Polígono Industrial “A Ran“ de Cuntis.
Para obter mais información tamén poden chamar aos teléfonos: 986 548 708, 986 532 579, do Centro de Formación Ocupacional “A Ran” do concello.
MINISTERIO DA PRESIDENCIA, XUSTIZA E RELACIÓNS COAS CORTES
Orde PJC/274/2024, do 23 de marzo, pola que se convoca a proba de avaliación de aptitude profesional para o exercicio da profesión da avogacía para o ano 2024.
Convócase a proba de avaliación para a acreditación da capacitación profesional para o acceso á profesión da Avogacía, dirixida a comprobar a formación suficiente para o exercicio da profesión, o coñecemento das respectivas normas deontolóxicas e profesionais, así como, en particular, a adquisición das competencias previstas nos cursos de formación impartidos por universidades ou escolas de práctica xurídica debidamente acreditadas.