on 24 Xaneiro 2022

25 PRAZAS

Requisitos mínimos

-Idioma: Bilingüe Español/Galego

- Proba de mecanografía: 150 pulsacións/minuto

- Uso frecuente das ferramentas ofimáticas Windows

Requisitos desexados

- Experiencia en servizo de Atención ao cliente.

- Valorásese Ínguas fluído

https://www.infojobs.net/a-estrada/curso-bolsa-operador-telefonico-emergencias-112/of-i065a8ff05b4e8197acc53a11e0f079?applicationOrigin=search-new%7Celement%7E42444018452&searchId=42444018452&page=3&sortBy=PUBLICATION_DATE

on 21 Xaneiro 2022

Contacta a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  ou no teléfono +34 986 446 300

https://cepformacionyempleo.com/curso/52/ingles-profesional-para-o-turismo/cursos-gratuitos

on 21 Xaneiro 2022

Xa están aquí os novos obradoires smartpeme para comezar o ano!

Lembra que son TOTALMENTE GRATUÍTOS e impulsados pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do seu programa SMARTPEME.

1.- Guía para crear e optimizar a túa páxina web

Cando: Martes 25 de xaneiro de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

2.- Ciberseguridade, contramedidas básicas 2021 II

Cando: Mércores 26 de xaneiro de 12:00 a 13:30 horas

INSCRÍBETE

3.- Introdución ao inbound márketing I

Cando: Mércores 26 de xaneiro de 18:00 a 19:00 horas

INSCRÍBETE

4.- Planifica os propósitos de 2022: Mellora a túa productividade con Trello e otras aplicación II

Cando: Xoves 27 de xaneiro de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

5.- Infografías: representa a información de maneira visual

Cando: Xoves 27 de xaneiro de 18:00 a 19:00 horas

INSCRÍBETE

 

Tamén podes inscribirte chamando por teléfono ao 886 202 020 ou enviando un correo a info.Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

on 14 Xaneiro 2022
O principal obxectivo destes cursos gratis é axudar ás persoas en situación de desemprego a atopar un emprego, mellorando a súa empregabilidade coa adquisición de novas competencias, centrándose especialmente nas dixitais, moi demandadas polas empresas
 
Os cursos son totalmente gratis, xa que están financiados polo Servizo Estatal Público de Emprego.
 
Claro esta, para poder realizar un destes cursos, é necesario estar apuntado ao paro, é dicir, estar rexistrado como demandante de emprego.
 
O Goberno aposta pola formación como ferramenta para reinserir ao mundo laboral aos desempregados.
 
É por iso polo que o ano pasado renovou a súa plataforma de cursos e lanzou «Dixitalízache plus» onde se poden atopar miles de cursos.
 
on 12 Xaneiro 2022

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

 As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade de continuar formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio (ED312C) 

Proba de acceso ao grao medio, requisitos das persoas participantes

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para accederen a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de realización da proba.

Proba de acceso ao grao medio, datas e lugares de inscrición A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo I, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2021/22.

O prazo de presentación estará abranguido entre os días 3 e 16 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior (ED312D) 

Proba de acceso ao grao superior, requisitos das persoas participantes

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

Proba de acceso ao grao superior, datas e lugares de inscrición A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo II, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2021/22.

O prazo de presentación estará abranguido entre os días 31 de xaneiro e 11 de febreiro de 2022, ambos os dous incluídos.

INFORMACIÓN COMPLETA: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220112/AnuncioG0598-171221-0001_gl.pdf