PEGADAS ten como finalidade mellorar a empregabilidade da mocidade de 18 a 29 anos. O proxecto comprende a realización de varias etapas do Camiño de Santiago Portugués como unha experiencia transformadora para a xuventude, e estamos buscando mozos e mozas de Galicia con interese en formar parte.
Para poder participar, a xuventude que teña interese ten que inscribirse a trqavés da seguinte páxina web:https://pegadas.eu/
Unha vez realizada a inscrición, contactarán dende o proxecto para que cada persoa realice unha formación online de 40 horas, relacionada coas temáticas a traballar durante o Camiño de Santiago Portugués (novas tecnoloxías, emprendemento, sostibilidade, pensamento crítico). O curso de formación online é totalmente gratuíto e entregarase certificación cos contidos cursados.
Unha vez realizado o curso, os e as participantes entrarán nunha base de datos para poder participar nas expedicións do Camiño de Santiago (que serán realizadas entre xuño e outubro de 2025). Serán 5 días realizando varias etapas do camiño con compañeiros e compañeiras de España e de Portugal, acompañados de persoal e trainers do proxecto. Os grupos serán recollidos nun punto de encontro, a determinar, e serán trasladados a Portugal, dende onde comezaremos o camiño. Tamén se proporcionará material específico para a realización das etapas (chuvasqueiro, mochila, camiseta, gorro).
O aloxamento será en albergues e tamén faremos acampada.
A manutención está incluída.
Todo é gratuíto.
Unha vez rematado o itinerario en Santiago de Compostela, os grupos de participantes serán levados de novo ao punto de encontro no que foron recollidos.
Máis información sobre o proxecto: no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.