A Consellería de Emprego, comercio e emigración concedeulle á Fundación Cultural A Estrada a seguinte especialidade formativa AFD para persoas desempregadas:
- OPERACIÓNS AUXILIARES DE GRAVACIÓN E TRATAMENTO DE DATOS E DOCUMENTOS de 440 h de duración, de Nivel I (sen requisitos de acceso).
Está previsto que comece o 16 de maio de 2025. Será en horario de mañá de 9:00 a 14:00 h.
Completar con éxito este curso, suporá a obtención dun certificado de profesionalidade.
Os cursos AFD facilitan formación presencial a persoas de todas as idades, en situación de desemprego. Dita formación está cofinanciada pola Consellería de Emprego, comercio e emigración e polo Ministerio de Educación e Formación profesional.
COMEZO INMEDIATO: 8 prazas vacantes + reservas
As persoas interesadas poden informarse nas oficinas da Fundación Cultural A Estrada en Avda, Benito Vigo nº94 baixo, A Estrada ou no teléfono 986 570 997, en horario de 9:00 a 14:00 horas.