FORMACIÓN DIXITAL: CAPACITACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS INTERMEDIAS

25. 03. 31

Formación Dixital é un programa formativo para obter a capacitación en competencias dixitais intermedias que a Xunta de Galicia ofrece á cidadanía.

       É totalmente gratuíto, 100% en liña e 100% titorizado.

       Pódese inscribir calquera persoa maior de 14 anos.

       Pódese inscribir de maneira semanal. Hai datas dispoñibles tódalas semanas.

       Ten unha duración estándar de 8 semanas pero cada persoa pode facer a formación ao seu ritmo.

       Ademáis é unha formación moi práctica, con vídeos, contido interactivo, sesión grupais de acompañamento e hai un tutor que leva o control de toda a formación. O contido estará en galego e castelán.

       Ao finalizar a formación recibirá un diploma acreditativo, emitido pola Xunta de Galicia.

E tamén ofrece a preparación necesaria para optar ao ComDix.

*Para facer a inscrición ten que entrar a través desta ligazón da páxina web: https://formaciondixital.gal/gl/inscricion/

Se ten calquera dúbida, pódenos consultar:

Tfno: 681 053 179

Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.