CENAFORM OFERTA PARA ESTE ANOS VARIOS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE

26. 02. 24

Desde CENAFORM  informan da nova oferta de Certificados de Profesionalidade que iniciarán en MARZO na sede de Santiago de Compostela. 

Están dirixidas prioritariamente a persoas inscritas como demandantes de emprego e contan con diferentes niveis de acceso:

- Auxiliar Administrativo/a (nivel 1 - Non se requiren estudos previos). Modalidade presencial en Santiago de Compostela. 

- Habilitación para a docencia nos graos A, B e C do sistema de formación profesional (nivel 3 - Requírese título de bacharelato ou equivalente). Modalidade de teleformación con titorías e exames presenciais en Santiago de Compostela. 

- Xestión Contable e Xestión Administrativa para Auditoría (nivel 3 - Requírese título de bacharelato ou equivalente). Modalidade de teleformación con exames presenciais en Santiago de Compostela. 

 

Todos os cursos son gratuítos e as persoas participantes poderán acceder a bolsas e axudas por transporte, discapacidade, conciliación (fillos menores de 12 anos ou persoas dependentes ao seu cargo), violencia de xénero e familia numerosa ou monoparental no caso de atoparse nalgunha destas situacións. 

 

Para máis información ou inscricións, poden contactar a través do enderezo electrónico 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

ou chamando ao teléfono 604 551 371