FUEGO Y MAR IMPARTE CURSO DE OPERACIÓNS DE VIXIANCIA E EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS E APOIO A CONTINXENCIAS NO MEDIO NATURAL E RURAL

26. 02. 24
O próximo 6 de marzo comeza o Certificado Profesional SEAD0411 – Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural, unha titulación oficial de nivel 2, pertencente á familia profesional de Seguridade e Medio Ambiente.
 
Trátase dunha formación 100% gratuíta, cunha duración total de 528 horas, en modalidade presencial, dirixida prioritariamente a persoas desempregadas que conten con ESO, FP ou un Certificado de Profesionalidade de Nivel 2.
 
Este certificado capacita para traballar na prevención, detección e extinción de incendios forestais, así como na intervención ante emerxencias no medio natural e rural.
 
O alumnado recibe unha preparación práctica e completa: aprende técnicas reais de intervención, manexo de ferramentas e equipos de extinción, protocolos de seguridade, coordinación en equipo e toma de decisións en situacións de emerxencia.
Ademais da formación técnica, o obxectivo é claro: mellorar a empregabilidade.
 
Este perfil profesional é demandado tanto por administracións públicas como por empresas forestais e medioambientais. Entre as saídas profesionais atópanse postos como bombeiro/a forestal, brigadista de extinción, traballador/a de retén forestal, vixiante de incendios ou persoal de apoio en emerxencias e Protección Civil.
 
Cómpre salientar tamén que, ao tratarse dun Certificado Profesional oficialesta formación pode ser valorada como mérito en procesos selectivos e oposicións, segundo o establecido nas bases específicas de cada convocatoria.
 
Máis información nos teléfonos: 638 017 639 - 881 083 914 ou na web: https://fuegoymar.com/