AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA CONVOCA CURSOS TITORIZADOS EN LIÑA PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA COMDIX NO SEU NIVEL DE INICIACIÓN

26. 02. 19

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2026 pola que se convocan cursos titorizados en liña con aproveitamento activo e avaliación continua, para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (ComDix), no seu nivel de iniciación.

Convocar os dous (2) plans de actividades formativas que se relacionan no anexo I desta convocatoria cos 7 cursos que compoñen o itinerario ComDix-Iniciación, que terán lugar na modalidade de teleformación titorizada en liña, con aproveitamento activo e avaliación continua.

As actividades formativas dos plans presentados nesta edición forman parte do itinerario ComDix-Iniciación e teñen validez para a obtención da certificación ComDix-Iniciación, unha vez completado o itinerario de 250 horas que conforma a dita certificación.

Poderán participar nestas actividades formativas as persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.

O prazo para a inscrición no Plan formativo A ou B será de dez (10) días naturais a partir do seguinte as da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260218/AnuncioG0177-050226-0001_gl.pdf