Desde a Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo (FUNGATRA) poñen en marcha o programa MELLORADOS, unha iniciativa formativa gratuíta que busca mellorar a empregabilidade de persoas en situación de vulnerabilidade laboral.
MELLORADOS está especialmente dirixido a:
-
Persoas menores de 30 anos
-
Persoas maiores de 45 anos
-
Persoas desempregadas de longa duración
-
Persoas con discapacidade (igual ou superior ao 33%)
-
Orientadores/as laborais da Xunta de Galicia
Aínda así, calquera persoa interesada pode participar.
A formación será 100% online, cun total de 38 horas (32 de obradoiros + 6 de masterclass), con dúas opcións horarias (mañá e tarde), e terá lugar entre outubro e novembro de 2025. Ademais, porase en marcha unha bolsa de emprego para participantes, como paso práctico cara á inserción laboral.
🔗 Formulario de inscrición: https://forms.gle/LTeU4qHt5tctn6H96
📩 Correo de contacto para consultas: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.